Publicacións

C21 solicita ao Concello que pida a Costas limpar os troncos que se acumulan contra o Pantalán da Mariña.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada un escrito no cal pide ao Goberno Local que avise a Costas do Estado que no Pantalán da Mariña, fronte ao paseo fluvial do Río Miño, ao seu paso por Tui, se veñen acumulando troncos, maleza e outros restos das riadas acaecidas nestas últimas semanas, e que solicite unha limpeza. Palacín explica, que abordar este asunto ten certa urxencia porque o embarcadoiro está a recibir unha forte presión de todo ese material que non ten saída, e que outra riada pode facer perigar a integridade da estrutura, de feito o pantalán da veciña Salvaterra, sucumbiu a última acometida do rio. Lembremos que o Concello de Tui leva investido tamén cantidades importantes dos seus recursos financeiros en reformar estas obras, fundamentais para dinamizar a actividade no rio, e que é importante preservalas, ao marxe do dano que se lle pode causar a propiedade privada, os barcos atracados.     Prensa Telemariñas In...

C21 queixase dunha Noite Vella sen Policía Local.

Imaxe
Representación da Policía Local na recollida da Medalla ao Mérito Policial, o máis alto galardón que concede a Xunta de Galicia.   O noso concelleiro, José Palacín, mostra a súa preocupación polo feito de que a noite de Fin de Ano non estivese operativo nin un so efectivo da Policía Local. Os liberais din entender o feito da escaseza de persoal e que se produciran baixas por enfermidade, pero pide ao Goberno Local un maior esforzo para que este servizo esencial estea cuberto, pagando as horas extraordinarias que procedan para un día de tanta relevancia, seguramente o máis movido do ano. Para Palacín: “O diñeiro público debe empregarse nos servizos verdadeiramente relevantes”. Por outra banda, Converxencia 21 volve a insistir en que esta situación endémica de ter a unha cidade como Tui sen efectivos de vixilancia e protección os fins de semana pola noite, resulta inadmisible, e máis tendo un gran equipo de profesionais policiais que veñen de recibir o máximo galardón pola súa actu...

C21 lamenta o derrube da muralla da fortaleza de Valença e solidarízase ca cidade irmá.

Imaxe
Foto: David Moreira.  O noso equipo de comunicación acaba de enviar unha nota de prensa lamentándose polo derrube duns 50 metros da muralla da fortaleza de Valença do Minho que colapsou a noite de fin de ano debido ao temporal e as intensas choivas. Os centristas expresamos o seu pesar pola perda desta parte esencial do patrimonio valenciano, que tamén o é da Eurocidade, e polo tanto de Tui. Fai tres anos introducíramos unha moción para revisar as pontes de Tui, incluso a Ponte Internacional, debido as inundacións, e por aquel entón, saíra aprobada por unanimidade. Para os liberais: “A revisión periódica da seguridade das infraestruturas e do patrimonio fronte as posibles adversidades atmosféricas e outras continxencias debe ser unha constante para prever traxedias”. C21 solidarízámonos con Valença e agardamos cas autoridades competentes portuguesas, incluso europeas, se poñan canto antes a emprender a restauración deste elemento patrimonial de primeiro orde.    Prensa...

Converxencia 21 solicita que se aseguren mellor os elementos decorativos de Nadal.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, acaba de introducir un rexistro de entrada no que solicita ao Goberno Local que se aseguren mellor os elementos decorativos do Nadal que se atopan nas rúas de Tui, en referencia a caída da estrutura decorativa da Praza de San Fernando durante a pasada noite. Dende C21 comprendemos que “é tempo de temporais e cas decoracións están a intemperie, pero con máis razón para aseguralas e así evitar co vento as desprace e que se poda xerar algunha desgracia persoal ou algún dano patrimonial”.    Prensa Telemariñas Infomiño Radio Municipal de Tui. Notocias 13.30 do día 13 de Decembro de 2022.  

Converxencia 21 considera que alumeado de Nadal en Tui chega tarde.

Imaxe
  O noso voceiro do partido liberal, José Palacín, considera inadmisible que se retrase a inauguración do alumeado de Nadal para despois da Ponte da Constitución. Os centristas afirmamos que se prexudicou de forma notable ao comercio e a hostalería locais, ademais da imaxe de Tui. Para Palacín: “O que se atopa o visitante que ven a nosa cidade son unhas luces cavernarias e tétricas” Para C21, as luces debían estar en funcionamento antes da Ponte da Constitución porque miles de persoas veñen a ver as luces de Vigo, que xa está a tope de ocupación hoteleira, e moitos destes turistas poderían aproveitar a viaxe para pernoctar en Tui e coñecer a beleza do seu patrimonio e a calidade do seu comercio e gastronomía, pero atópanse con un lugar lúgubre e desleixado. O máis irónico do asunto para o nos concelleiro é que: “Este goberno atrévese a inaugurar un Mercado de Nadal nestas condicións lamentables de falta de imaxe navideña”.    Prensa Faro de Vigo Telemariñas Radio Municip...

O VI Congreso de Converxencia 21 celebrado en Tui proclama Presidente a José Palacín.

Imaxe
    O pasado sábado celebramos na Sala Félix do Área Panorámica (Tui) o noso VI Congreso Nacional. En medio do caos circulatorio polo corte da Autovía A-55, o que impediu chegar a algúns compromisarios, este VI Congreso afrontou unha profunda reforma estatutaria e renovou os cargos de dirección. No primeiro aspecto, subliñar que C21 apostou por sacar adiante uns principios ideolóxicos moito máis centrados no servizo á persoa, á sociedade civil e á democracia participativa, así como a reformular o corpus xurídico e organizativo da formación. Respecto da dirección, o máis salientable foi a elección unánime de José Manuel Palacín como novo Presidente Nacional, en substitución do avogado lucense Xaime Requeixo de quen todos destacamos a súa extraordinaria labor. Carlos Vázquez Padín, o noso Presidente Fundador, foi aclamado como Presidente de Honra. Palacín destacou que se abre un novo tempo para os liberais de Galicia, con dúas fases de actuación, unha ata as Municipais do 2023, ...

C21 pide ao Goberno que se preocupe polo estado da rede de sumidoiros.

Imaxe
  O noso concelleiro volve a insistir ao Goberno Local en que se debe revisar e manter en mellor estado a rede de sumidoiros de Tui e das súas parroquias. Para José Palacín: “Ante a chegada das choivas demostrouse a escasa actuación do Goberno neste ámbito, ben solicitando ao Consorcio o investimento que lle corresponde para o mantemento da rede, ou ben traballando de forma directa no desatasco de moitas alcantarillas e canalizacións, comezando polo Casco Histórico e determinadas rúas do centro onde C21 xa ven advertindo de malos cheiros e de atascos visibles en verán, e agora de desbordamentos e riadas”.  Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 8 de novembro de 2022.