C21 laméntase da falta de previsión e de ideas na organización da conmemoración do Ano Francisco Sánchez.
C21 laméntase pola falta de previsión con que o Goberno Local trata a conmemoración do aniversario da figura do filósofo tudense Francisco Sánchez, agora que se conmemoran os 400 anos do seu falecemento. Onte, día 10 de xaneiro, o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, e a súa Concelleira de Cultura, mantiveron unha reunión co Director Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, para presentarlle o programa de actividades do “Ano Francisco Sánchez”. Os centristas consideramos ca reunión debería terse realizado tempo atrás, incluso previamente a declaración polo Pleno da Corporación Municipal de 2023 como “Ano de Francisco Sánchez”, e respecto do programa, que debería ter buscando a colaboración de todos, e así, con isto, ter xa un percorrido desde o inicio do ano e contar cun proxecto máis enriquecedor. Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, considera que: “Este programa debería ser un evento realizado conxuntamente co Consello da Cultura Galega, ca Câmara Municipal de Braga e ca Universida...