Publicacións

Converxencia 21 lamentan os terribles ocorridos no Casco Histórico de Tui.

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de mostrar a súa consternación pola queima indiscriminada de vehículos acaecida durante a pasada noite no Centro Histórico de Tui. Os liberais, ante todo, solidarízanse cos veciños que foron vítimas desta barbarie e afirman que colaborarán co Goberno nas axudas que se destiñen a paliar os danos. Do mesmo modo, felicitan  aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola rápido esclarecemento do caso.  Palacín expresa literalmente: “O centro Histórico de Tui sufríu un dos golpes máis duros da súa historia, e insiste en que debe reforzarse a seguridade e mellorarse os protocolos de intervención polos servizos de emerxencia”. Prensa 

C21 solicita unha mellora das beirarrúas no ámbito de San Bartolomé e Rúa Calzada.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, considera que gran parte do ámbito de San Bartolomé necesitaría unha ou varias actuacións destinadas a mellora das beirarrúas que en moitos treitos son demasiado estreitas e non compren os estandares mínimos de anchura e algunhas están deterioradas. Así pois, debido a este feito, a circulación peonil carece de comodidade e incluso de seguridade. Os centristas poñemos como exemplo o tramo da Rúa Calzada próximo a intersección ca Rúa Concordia que inclusive conten luminarias que obstaculizan o paso e non se pode circular case a pe e menos cunha cadeira de rodas, un paraugas ou un carro de bebe. Para Palacín: “Ademais da ordenación do ámbito, cuestión que o Goberno socialista aínda non solucionou, si ben se vai avanzando neste eido, un lugar tan atractivo no patrimonial necesita ser potenciado con espazos no que o peón teña o seu espazo”, e os liberais chaman a atención sobre “a esaxeración de algunhas beirarrúas recentemente construídas en Colón en con...

C21 esixe unha solución de aparcamento para os veciños do Barrio de Riomuiños.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, considera que a actuación levada a cabo no emblemático barrio de Riomuíños está ben concibida e executada dende o punto de vista arquitectónico pola súa adaptación ao entorno, de feito felicitou as empresas participantes no proxecto, pero ao tempo, afirma que o Goberno esqueceu unha necesidade básica para os veciños como é o aparcamento. Para Palacín: “O Goberno actuou, unha vez máis, con ausencia de previsión por non procurar de forma previa a inauguración da obra unha alternativa para que os residentes podan aparcar. Non se deben desprezar as pedras como en Antero Rubín, pero tampouco veneralas a consta do sufrimento dos veciños como ocorre en Riomuiños”. Os centristas solicitamos que se negocie un convenio para o uso como aparcadoiro de algún solar próximo, e o máis pronto posible, para que así, os residentes deste ámbito poidan gozar da calidade de vida previa as obras e que mentres tanto se procure unha solución transitoria. Do mesmo modo, solicit...

C21 rexeita as accións vandálicas no centro histórico.

Imaxe
  Por parte de C21 lamentamos a actividade vandálica levada a cabo a pasada noite na rúa de San Telmo. Entristécenos que un ou varios suxeitos incívicos realizasen pintadas nas fachadas de varios inmobles e ademais presuntamente tratando de apropiarse de simboloxía relixiosa hebrea.  "É por tanto, un grave atentado cara a propiedade privada e pública amais de para o patrimonio histórico e a fe hebraica", Explican o voceiro centrista, José Palacín, e o exconcelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría.    Por este feito, consideramos que as autoridades competentes han de iniciar unha investigación e o Concello debe actuar con premura na limpeza con medios non agresivos e así devolver ao seu estado orixinal esta rúa no corazón da cidade histórica. Do mesmo xeito, este tipo de actuacións, que por unha banda evidencia a falta de civismo dun sector minoritario da poboación, tamén pon en evidencia a falta de seguridade desde que a Policía Local carece de servizo de vixilancia ...

C21 solicita que o Goberno pida a fomento barreiras contra o ruído na Autovía A - 55 ao seu paso pola Pousa do Bispo.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de rexistrar unha solicitude para que o Goberno Local pida ao Ministerio de Fomento medidas correctoras con obxecto de mitigalo ruído que chega da autovía a Urbanización Pousa do Bispo. A meirande parte dos veciños están a sufrir unha contaminación acústica que é das máis agresivas en Galicia e que supera con creces os índices aceptables para Lk,d, Lke e Lkn, ou sexa, que estamos ante medidas inadmisibles a tódalas horas ao longo de cada xornada. Informes de fai dez anos, reflicten que o número de afectados, en maior ou menor medida, superan os cen, sendo estes propios residentes os que remitiron un escrito solicitando a actuación entre Pk 28 e Pk 30 da zona afectada UME 261-IV. A carta de contestación da Subdelegación do Goberno, que datou de 2009, plantexaba que se recibirá por parte da “Subdirección Xeral de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Estradas” unha orde de realizar un estudo das zonas sensibles das vías do Estad...

C21 considera absolutamente improcedente a obra de pavimentación de Antero Rubín.

Imaxe
Os liberais vimos de mostrar a nosa desconformidade ca actuación que se está a desenrolar no ámbito de Antero Rubín, concretamente na súa intersección cas rúas Baixada de A Mariña e Bispo Lago, onde se retirou o empedrado nun tramo de uns 50 metros para dispoñer unha superficie de formigón. Converxencia 21 consideramos inadmisible a retirada das nobres lousas de pedra, aínda que se redistribuia por outros espazos desa rúa, e afirma que: “De feito, en 2018, baixo o Goberno do Sr. Padín e durante unha visita de expertas en patrimonio, este firme da antesala do Casco Histórico foi louvado e considerado espazo a preservar”. José Palacín di tamén que revisará o proxecto para determinar o concepto de “canto rodado” que foi o que prometeu o Goberno como firme para esa rúa durante a Sesión Plenaria no que se tratou o asunto, porque (afirma Palacín): “Ao meu xuízo a cantidade de canto rodado resulta anecdótica en comparación do que destaca o formigón”. Por outra banda, C21 pide a inmediata ret...

C21 considera “inadmisibles” as declaracións do Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, sobre a Policía Local.

Imaxe
    O noso concelleiro, José Palacín, ven de cualificar as declaracións do rexedor tudense nunha entrevista na Radio Municipal como “desafortunadas institucionalmente e polo tanto inadmisibles”. O Sr. Cabaleiro, ante os micrófonos da R.M.T declamou: “As baixas collidas durante estas datas de Nadal por catro membros da Policía Local obedecían mais a unha cuestión de conflitos de intereses ou a outra intencionalidade”. Palacín considera que: “Con estas declaracións o Sr. Cabaleiro coloca un velo de sospeita sobre os funcionarios públicos, algo que me produce estupor, porque non so se insinúa sobre a Policía, senón que, indirectamente, podería estarse cuestionando o sistema sanitario que avala as susoditas baixas. Por outro lado, tamén tende unha cortina de fume para tapar a súa mala xestión neste ámbito ”. Os liberais xa advertíramos da enorme precariedade do servizo de vixilancia durante estas festas e explican que, por unha parte, faltan efectivos, por outra medios, comezando...