Publicacións

Converxencia 21 - Tui felicitamos a cidadanía as festas de San Telmo.

Imaxe
    En nome de Converxencia 21 quero felicitar estas festas patronais de San Telmo a cidadanía de Tui. Son días que pasamos entre amigos e familia, vivindo con recollemento e orgullo as nosas tradicións e expresándonos con alegría e de forma aberta nos eventos máis lúdicos. Pero, si me permiten, desexo aportar unha pequena reflexión. Estes días, dedicados ao noso Patrón San Telmo, somos anfitrións na nosa cidade para milleiros de persoas que nos visitan. Contemplemos por un segundo o asombro que nestes visitantes causa cada liña escrita da nosa historia e cada expresión material e inmaterial do noso patrimonio! O que temos en Tui causa admiración!, por iso debemos estar orgullosos do noso pasado, deses tempos pretéritos de gloria e de prosperidade que non debemos perder de vista como referente. Sen embargo, tamén debemos mirar para adiante, cara ao futuro, con esperanza nas nosas posibilidades porque si fomos capaces de ser grandes, volveremos a selo. En todo caso, hoxe,...

C21 congratúlase do anuncio da restauración do Teatro Principal con fondos PIREP .

Imaxe
  Congratulámonos enormemente da nova de que o Teatro Principal fose un dos inmobles que recibirán fondos PIREP a través do MITMA dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local con 772.000 euros ao final destes catro anos do Goberno de Enrique Cabaleiro en Tui.   Trátase do impulso definitivo e ineludible para a rehabilitación deste emblemático edificio que ha de acometerse neste próximo mandato para convertirse nun punto neurálxico da cultura así como de elemento difusor de rexeneración urbana no centro histórico.   Por parte de C21, a rehabilitación do Teatro Principal foi sempre un dos puntos esenciais nas nosas propostas desde as primeiras eleccións ás que concorremos en 2011. E seguiuno a ser durante o noso goberno entre 2017 e 2019. Nese periodo, baixo o mandato de Carlos Vázquez Padín e a dirección das áreas de Cultura e Patrimonio de Eduardo Freiría Martínez, déronse os primeiros pasos de cara a futura rehabi...

Converxencia 21 lamentan os terribles ocorridos no Casco Histórico de Tui.

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de mostrar a súa consternación pola queima indiscriminada de vehículos acaecida durante a pasada noite no Centro Histórico de Tui. Os liberais, ante todo, solidarízanse cos veciños que foron vítimas desta barbarie e afirman que colaborarán co Goberno nas axudas que se destiñen a paliar os danos. Do mesmo modo, felicitan  aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola rápido esclarecemento do caso.  Palacín expresa literalmente: “O centro Histórico de Tui sufríu un dos golpes máis duros da súa historia, e insiste en que debe reforzarse a seguridade e mellorarse os protocolos de intervención polos servizos de emerxencia”. Prensa 

C21 solicita unha mellora das beirarrúas no ámbito de San Bartolomé e Rúa Calzada.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, considera que gran parte do ámbito de San Bartolomé necesitaría unha ou varias actuacións destinadas a mellora das beirarrúas que en moitos treitos son demasiado estreitas e non compren os estandares mínimos de anchura e algunhas están deterioradas. Así pois, debido a este feito, a circulación peonil carece de comodidade e incluso de seguridade. Os centristas poñemos como exemplo o tramo da Rúa Calzada próximo a intersección ca Rúa Concordia que inclusive conten luminarias que obstaculizan o paso e non se pode circular case a pe e menos cunha cadeira de rodas, un paraugas ou un carro de bebe. Para Palacín: “Ademais da ordenación do ámbito, cuestión que o Goberno socialista aínda non solucionou, si ben se vai avanzando neste eido, un lugar tan atractivo no patrimonial necesita ser potenciado con espazos no que o peón teña o seu espazo”, e os liberais chaman a atención sobre “a esaxeración de algunhas beirarrúas recentemente construídas en Colón en con...

C21 esixe unha solución de aparcamento para os veciños do Barrio de Riomuiños.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, considera que a actuación levada a cabo no emblemático barrio de Riomuíños está ben concibida e executada dende o punto de vista arquitectónico pola súa adaptación ao entorno, de feito felicitou as empresas participantes no proxecto, pero ao tempo, afirma que o Goberno esqueceu unha necesidade básica para os veciños como é o aparcamento. Para Palacín: “O Goberno actuou, unha vez máis, con ausencia de previsión por non procurar de forma previa a inauguración da obra unha alternativa para que os residentes podan aparcar. Non se deben desprezar as pedras como en Antero Rubín, pero tampouco veneralas a consta do sufrimento dos veciños como ocorre en Riomuiños”. Os centristas solicitamos que se negocie un convenio para o uso como aparcadoiro de algún solar próximo, e o máis pronto posible, para que así, os residentes deste ámbito poidan gozar da calidade de vida previa as obras e que mentres tanto se procure unha solución transitoria. Do mesmo modo, solicit...

C21 rexeita as accións vandálicas no centro histórico.

Imaxe
  Por parte de C21 lamentamos a actividade vandálica levada a cabo a pasada noite na rúa de San Telmo. Entristécenos que un ou varios suxeitos incívicos realizasen pintadas nas fachadas de varios inmobles e ademais presuntamente tratando de apropiarse de simboloxía relixiosa hebrea.  "É por tanto, un grave atentado cara a propiedade privada e pública amais de para o patrimonio histórico e a fe hebraica", Explican o voceiro centrista, José Palacín, e o exconcelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría.    Por este feito, consideramos que as autoridades competentes han de iniciar unha investigación e o Concello debe actuar con premura na limpeza con medios non agresivos e así devolver ao seu estado orixinal esta rúa no corazón da cidade histórica. Do mesmo xeito, este tipo de actuacións, que por unha banda evidencia a falta de civismo dun sector minoritario da poboación, tamén pon en evidencia a falta de seguridade desde que a Policía Local carece de servizo de vixilancia ...

C21 solicita que o Goberno pida a fomento barreiras contra o ruído na Autovía A - 55 ao seu paso pola Pousa do Bispo.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de rexistrar unha solicitude para que o Goberno Local pida ao Ministerio de Fomento medidas correctoras con obxecto de mitigalo ruído que chega da autovía a Urbanización Pousa do Bispo. A meirande parte dos veciños están a sufrir unha contaminación acústica que é das máis agresivas en Galicia e que supera con creces os índices aceptables para Lk,d, Lke e Lkn, ou sexa, que estamos ante medidas inadmisibles a tódalas horas ao longo de cada xornada. Informes de fai dez anos, reflicten que o número de afectados, en maior ou menor medida, superan os cen, sendo estes propios residentes os que remitiron un escrito solicitando a actuación entre Pk 28 e Pk 30 da zona afectada UME 261-IV. A carta de contestación da Subdelegación do Goberno, que datou de 2009, plantexaba que se recibirá por parte da “Subdirección Xeral de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Estradas” unha orde de realizar un estudo das zonas sensibles das vías do Estad...