C21 inicia o mandato solicitando o regreso do Mercado do Xoves cara ao centro de Tui.
O noso recente electo concelleiro, José Palacín, iniciará o mandato intentando sacar adiante unha medida que considera vital para a dinamización de Tui, o regreso do Mercadillo do Xoves cara ao centro, establecéndose principalmente no Paseo da Corredoira e Augusto González Besada. Palacín entende que: “Estamos ante un novo escenario de maiorías, pero sobre todo, creemos que é unha medida que pode beneficiar a mercaderes, a usuarios e tamén ao propio comercio local, interactuando todos para dinamizarse, ademais que suporía a recuperación dunha tradición”. A tal efecto, os liberais presentaremos unha moción no primeiro pleno efectivo deste mandato, lembrando que este asunto foi “un dos nosos grandes cabalos de batalla durante o mandato anterior” e anuncian una etapa de iniciativas e vontade construtiva. C21 está aberto a consensuar a entrada de outros grupos na moción. Prensa. Radio Municipal de Tui. 03/06/2023 Infomiño