Publicacións

Converxencia 21 solicita a urxente reunión da Xunta de Voceiros para que o Alcalde de Tui explique a natureza xurídica e técnica do levantamento do firme en Antero Rubín e reclama novamente a reposición do empedrado orixinal

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, acaba de remitir un rexistro de entrada á Alcaldía con obxecto de que reúna a Xunta de Voceiros da Corporación para explicarlles a natureza xurídica e técnica do levantamento do tramo en Antero Rubín que corresponde xusto ao que os liberais expresaron que se debería conservar en pedra cando o Goberno Socialista decidiu abordar a súa substitución por unha argamasa de cemento, fai agora pouco máis dun ano. Palacín, apelando a lealdade institucional, quere darlle ao executivo a oportunidade de explicarse e por iso pide esta reunión, e si non se realiza, tentará procurar o apoio dos demais grupos para que se convoque un Pleno Extraordinario. Lembremos que fai pouco máis dun ano leváronse a cabo as obras de remodelación das Rúas Antero Rubín e Coengo Valiño. Unha obra que C21 solicitara en numerosas ocasións co obxecto de sanear ditas vías e outorgarlles unha categoría digna do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Sen embargo, unh...

Converxencia 21 solicita un informe dos “custes efectivos” nos servizos recen asumidos e das “achegas” realizadas con cargo a Remanente polo Goberno do Concello de Tui

Imaxe
  Entrevista na SER :  https://cadenaser.com/audio/1712061529496/ No Pleno o Goberno Local traía a recoñecemento un crédito extraxudicial e José Palacín, tras criticar “contundentemente” o modelo de xestión dos Socialistas de Tui, abstívose a cambio de que se elabore este informe e de licitar certos servizos. Os liberais tamén votaron en contra da subida do IBI. O concelleiro noso nunha longa e minuciosa intervención analizou de forma moi crítica o expediente de Recoñecemento de Crédito presentado polo Goberno Local neste último Pleno Ordinario e que a xuízo do voceiro “presenta graves eivas posto que se carece de crédito, o expediente afecta a estabilidade orzamentaria e por enriba, dende o punto de vista procedimental resulta preocupante, sobre todo no que se refire ao escaso axuste de moitas desas facturas a Lei de Contratación do Sector Público”, tal como sinala o informe do Departamento de Intervención. Ante o voto negativo cara a este expediente por parte do Partido ...

En relación ao colapso paulatino da Rúa Bispo Lago, C21 ven avisando dende fai tempo do afundimento de varias rúas e lémbralle ao Sr. Cabaleiro que C21 abriu a Rúa Ourense pola cara sur en 18 meses e a cara norte xa van para cinco anos.

Imaxe
  O noso concelleiro ven advertindo dende fai cinco anos, a través da campaña #Tuiseguro, do progresivo colapso desta rúa Bispo Lago e de outras como Antero Rubín, que para Palacín presentaba na parte superior unha fealdade manifesta, pero sobre todo, baixo o asfalto, un caos impropio dunha cidade digna. Tamén advertiu dos problemas de pluviais na Praza da Estrela e do afundimento preocupante da rúa Martínez Padín, considerando tímida a actuación do Goberno Municipal a pesares da emerxencia do asunto e empregando o diñeiro público en obras absurdas como na rúa Lugo. Palacín recoñece, iso si, que tras varios rexistros de entrada o executivo de Enrique Cabaleiro tomou cartas en Antero Rubín e Canónigo Valiño, si ben cunha actuación polémica polo levantamento inadecuado das pedras centenarias do cruce, precisamente, con Bispo Lago. Respecto desta posible actuación na rúa Bispo Lago ou Rúa Nova o rexedor realizou unha serie de declaracións na prensa que para Palacín supoñen “un exe...

C21 solicita a inmediata recollida dos restos das podas nos Xardíns da Alameda.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir un rexistro de entrada para que o Goberno Local mande recoller a maior brevidade os restos das podas que se deixaron tiradas no Xardín da Alameda. Os liberais afirmamos que fai semanas que se podaron as árbores pero as ramas extraídas continúan abandonadas no chan, servindo incluso como refuxio de ratas e constituíndo en xeral un elemento de insalubridade. C21 plantexará esta cuestión en Pleno, si para ese día non se acometeu a labor de retirar eses restos.