Converxencia 21 solicita o mantemento do Palco da Música da Corredoira.
O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada ante a concellería de Patrimonio unha inmediata actuación de mantemento no Palco da Música situado na Corredoira. En 2018, sendo titular da área patrimonial, Eduardo Freiría, abordouse un proxecto integral de rehabilitación de un ben catalogado como único, posto que é un dos poucos Kioskos conservados en Galicia do século XIX (1.897). Cinco anos despois da reforma de Converxencia 21, os pasamáns de madeira necesitan protección, asoman sombras de óxido na balautrada e o chan require dun tratamento posto que é un lugar moi azoutado pola intemperie. Nese aspecto Palacín afirma que: “Hai que apostar sempre pola cultura política do mantemento”. C21 pide ser respectuoso na intervención a un Goberno que en esta materia leva cometido algún erro de bulto como a decisión de retirar as pedras do firme de Antero Rubín que o propio Concelleiro de C21 e varias asociacións denunciaron ante a prensa e que inmed