Converxencia 21 considera inaceptable o fracaso en aras da rehabilitación do Teatro Principal.
Palacín: “A única xestión real respecto do inmoble realizouse co noso Goberno, de momento o demais é fume”. O noso concelleiro, José Palacín, ven de mostrar o seu malestar polo novo episodio frustrado na tentativa de rehabilitación do teatro. En abril de 2023, en plena precampaña electoral, o Goberno Local lanzaba as campás a voar anunciando que a reconstrución do Teatro Principal xa estaba en marcha ao acadar unha subvención do MITMA (Ministerio de Transportes, Mobilidade y Axenda Urbana) de 772.000 euros a cargo do fondo provisional PIREP ao que habería que sumar unha aportación municipal de 400.000 euros, pero a cuantificación real do proxecto elaborado polo arquitecto Cesar Portela alcanzaba os 3 millón de euros. De forma pública, C21 congratulouse de ese éxito inicial pero advertiu que: “O Executivo Local debe ser cauto, o teatro non pode converterse nun mero reclamo electoral e hai seguir traballando porque queda moito por facer”. En procura do resto do montante, o Con