Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

Rogo para o adecentado dos terreos da Área Panorámica

Imaxe
Baixo o Goberno anterior, concretamente o titular de Vías e Obras, D. Antonio Castro Negro (PP), efectuou un desbacheado e un acondicionamento integral do terreo polas datas de Nadal pero o deterioro do torreiro nestes meses foi considerable. Solicitamos se teña a ben volvelo a adecentar na maior brevidade, antes de que cheguen as choivas e que a axiña se aborde un proxecto que converta este espazo, agora indecente, nun lugar de esparcimento.  C21 presentamos durante o noso mandato o primeiro proxecto viable da historia para humanizar este punto de referencia esencial para Tui. Tiñamos tamén en mente artellar outro proxecto "modelo parking Europeo" e someteríamos ámbolos dous a votación popular.      Na foto: Proxecto para a Área Panorámica elaborado baixo o mandato de D. Carlos Vázquez Padín.

Rogo presentado por C21 solicitando que se integren as naves na bonificación do ICIO.

Imaxe
Durante a reunión celebrada o 22 de agosto do corrente ano na Casa Cultura de Paramos, os veciños afectados presentaron un documento no cal se plantexaban unha serie de reivindicacións entre as cales figuraba no epígrafe nº 2. 2. Tasas aplicadas a los galpones: " No se regularon exenciones/bonificaciones a nivel Concello, para el pago de tasas de industria, almacenes y otros. Esta situación conlleva que algunos vecinos además de no haber percibido ninguna ayuda por su negocio; en industria y negocios todavía no se ha percibido ninguna ayuda, tengan que pagar una tasa para reconstruir sus galpones de algo más de 300€. En cualquier caso debería regularse alguna exención/bonificación con efecto retroactivo dado que hay afectados que ya han tenido que abonar dicha tasa. Baixo o mandato anterior esta Corporación baixo a éxida do Goberno anterior aprobou unha serie de bonificacións e axudas municipais destinadas aos afectados pola tráxica explosión de Paramos, entre elas a reso

C21 insta ao Goberno a presentar un plan de dinamización dos tres sectores económicos a medio e longo prazo

Imaxe
C21 quere felicitar a Concelleira de Emprego pola organización do Obradoiro celebrado esta semana na Aula da UNED. É unha boa iniciativa que a ben seguro axudará aos demandantes na súa inserción laboral.  Sen embargo, estas medidas, ben resultando útiles, son complementos ao que verdadeiramente necesita Tui, un proxecto de dinamización dos tres sectores económicos.  As nosas parroquias teñen gran potencial para o desenvolvemento no sector agrario, pero sobre todo urxe a ordenación e posta en marcha dos polígonos industriais de Guillarei e Ribadelouro como continuación natural do Polígono das Gándaras de Budiño. Sen implantación empresarial Tui non se acoplará aos tempos vindeiros. C21 insta ao goberno municipal a que se poña a traballar neste proxecto de maneira inmediata. Nese senso contará ca colaboración dos Liberais de Tui.  Por último inferir en que o comercio de Tui sufre un gran declive que so se pode reverter mediante unha dinamización global do entorno socio e