Rogo presentado por C21 solicitando que se integren as naves na bonificación do ICIO.

Durante a reunión celebrada o 22 de agosto do corrente ano na Casa Cultura de Paramos, os veciños afectados presentaron un documento no cal se plantexaban unha serie de reivindicacións entre as cales figuraba no epígrafe nº 2.

2. Tasas aplicadas a los galpones:

" No se regularon exenciones/bonificaciones a nivel Concello, para el pago de tasas de industria, almacenes y otros. Esta situación conlleva que algunos vecinos además de no haber percibido ninguna ayuda por su negocio; en industria y negocios todavía no se ha percibido ninguna ayuda, tengan que pagar una tasa para reconstruir sus galpones de algo más de 300€. En cualquier caso debería regularse alguna exención/bonificación con efecto retroactivo dado que hay afectados que ya han tenido que abonar dicha tasa.

Baixo o mandato anterior esta Corporación baixo a éxida do Goberno anterior aprobou unha serie de bonificacións e axudas municipais destinadas aos afectados pola tráxica explosión de Paramos, entre elas a resolución referente a bonificación do ICIO.

Concretamente no pleno de Xullo de 2018 aprobouse por unanimidade esta resolución:


7.4. Establécese unha bonificación do 95% a favor das obras de reconstrución, reparación ou rehabilitación dos inmobles, vivendas ou instalacións afectadas pola explosión en paramos do día 23 e maio de 2018, por concurrir circunstancias especiais sociais que xustifican que sean declaradas de especial intereses ou utilidade municipal.

Sen embargo non se incluíron neste paquete as naves ou galpóns anexos as vivendas de uso ou actividade no sector secundario por iso algúns afectados atópanse na situación descrita no punto 2 antes referido pola Plataforma.

Polo tanto rogamos ao Goberno que estude esta omisión involuntariamente padecida polos afectados e traia no próximo pleno unha proposta para darlle encaixe a bonificación por este tipo de inmobles.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.