Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Intervención de C21: Pleno Xaneiro 2022 - Punto 9 - SAF

Imaxe
  Punto 9. Expediente 658/2021. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de data 20/01/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 17/01/2022, relativa á proposta de adxudicación do contrato da prestación do “Servizo de Axuda no Fogar. Prestación básica e dependencia (SAF). Nos votamos xa de forma preliminar a favor do SAF. Pode parecer paradóxico que un partido liberal, pouco dado a axudas e subvencións, se mostre tan determinante neste asunto, pero en realidade, hai que subliñar que as persoas con dependencia, as que non poden valerse por si mesmas, necesitan que se lles axude. O Estado que cada vez é máis grande tomou a responsabilidade de asumir esta labor social que antes recaía na man das familias, o na súa carencia, de asociacións benéficas. Como ben especifica o informe xustificativo, as necesidades medran por causa dunha poboación máis envellecida, e porque lamentablemente (iso non o explica o informe) moitas persoas chegan e

C21 presenta as súas condolencias polo falecemento de Dª Eva García de la Torre.

Imaxe
    O grupo local de Converxencia 21 (C21) queremos manifestar o noso máis sentido pésame polo falecemento da Sra. Ex Alcaldesa de O Porriño, Dª Eva García de la Torre. Subliñar que estamos consternados polo tráxico e repentino suceso e queremos transladar as nosas condolencias a familia da Sra Ex-Alcaldesa e ao Partido Socialista Obrero Español de O Porriño.  Onte, durante a Sesión Plenaria do Concello de Tui, a Corporación Local gardou un minuto de silencio en honor da Sra. García de la Torre e o noso concelleiro, José Palacín, afirmou sentirse consternado e deulle as grazas a título persoal porque baixo o seu mandato, (e por impulso dela mesma e do Sr. Concelleiro D. Marcelino Coto) otorgouse o nome da Praza D. Fidenciano Palacín, avó de José Palacín.  DEP

C21 lamenta a lugar elixido para a colocación do novo punto de compostaxe en plena Rúa Ourense.

Imaxe
Os liberais de Tui criticamos abertamente o lugar elixido polo Goberno Local para a colocación dun novo punto de compostaxe. Esta construción, levantada na súa base con bloques e cemento, e polo tanto inamovible, atópase na vía principal de Tui, o que para Converxencia 21; “Limitará sobremaneira a dispoñibilidade desta rúa a hora de ter que ser usada para eventos especiais como voltas ciclistas ou desfiles de entroido ou en caso de emerxencia e evacuación”. O nos voceiro e concelleiro, José Palacín, considera o lugar: “Un despropósito, moi na liña das actuacións do Executivo socialista en materia de tráfico porque este será un elemento máis que contribuirá a xerar caos e falla de mobilidade, e incluso inseguridade viaria. C21 está a favor das accións medioambientais encamiñadas a mellorar a xestión de residuos, e polo tanto, a favor da compostaxe, pero pídelle ao Goberno mais reflexión ao respecto da ubicación destes puntos de reciclaxe.      Prensa  Noticias 13.30 da Radio Muncipal