Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

Entrevista a José Palacín, concelleiro de C21 en Cadena SER.

Imaxe
Pulsar no enlace para escoitar entrevista en You Tube. Presentamos o video da entrevista que outorgou o noso concelleiro, José Palacín, na Cadena SER, a cargo de Marci Varela.    Nesta rolda analizánbase os tres anos de mandato do Goberno socialista na cidade de Tui e o futuro de C21 como alternativa. 

C21 solicita que se axeiten varios espazos da parroquia de Paramos.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, iniciou a xestión de varios rexistros de entrada que se estenderán ata o final de mes e que van destinados a solicitar o adecentamento das parroquias, que en xeral, atópanse nun estado lamentable. Os liberais iniciamos o periplo por Paramos onde detectaron moitas pistas sen desbrozar, paradas de bus sen pintar e elementos do mobiliario urbano     absolutamente degradados. Para Palacín: “O antes e o despois propagandístico deste Goberno, e que se exhibía ao comezo do mandato, quedou no <nunca>. As parroquias están absolutamente desatendidas e iso que os gastos en desbroces con empresas privadas son moi elevados se atendemos obxectivamente as facturas con cargo a remanente”.    Palacín solicitou a mellora do entorno da capela de Can Caetano e da Casa Cultural, así como os desbroces de un par de pistas nesta parroquia, pero está atento as suxestións da veciñanza para transmitirllas ao Goberno.    Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13,

C21 advirte dunha cornixa perigosa na Rúa Bispo Salvado.

Imaxe
Baixo a nosa campaña #tuiseguro, e que xa leva vixente tres anos con máis de cen notificacións, os liberais de Tui acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se solvente a seguridade dunha cornixa perigosa que se atopa baixando cara a Riomuiños, na Rúa Bispo Salvado. O noso concelleiro, José Palacín, explica que: “Xa son alo menos cinco as cornixas perigosas das que levan advertido neste mandato pero que quedan moitas máis e que o Goberno so actúo nun caso, pero despois de que dito elemento colapsara, afortunadamente se danos persoais. Tamén lembra que dende 2019 a Xunta de Galicia habilitou ferramentas xurídicas para atallar o abandono das construcións”.   Prensa.   Radio municipal de Tui. Noticias 13.30 do dia 16/06/2022   Telemariñas    

C21 solicita que se arranxe a valla da beirarrúa de Martínez Padín.

Imaxe
  Converxencia 21 acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo o arranxo da valla protectora da Rúa Martínez Padín posto que unha das barras está rota e isto supón un risco para os transeúntes, sobre todo si se trata de nenos porque poden colarse polo espazo non protexido. Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, anticipa que no próximo Pleno preguntará ao Goberno Local respecto dos rachos e socavóns do firme nesa mesma rúa.     Prensa.  Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 14 de Xuño de 2022.   Telemariñas