C21 solicita que se arranxe a valla da beirarrúa de Martínez Padín.
Converxencia 21 acabamos de solicitar por rexistro de entrada que se leve a cabo o arranxo da valla protectora da Rúa Martínez Padín posto que unha das barras está rota e isto supón un risco para os transeúntes, sobre todo si se trata de nenos porque poden colarse polo espazo non protexido.
Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, anticipa que no próximo Pleno preguntará ao Goberno Local respecto dos rachos e socavóns do firme nesa mesma rúa.
Por outra banda, o noso voceiro, José Palacín, anticipa que no próximo Pleno preguntará ao Goberno Local respecto dos rachos e socavóns do firme nesa mesma rúa.
Prensa.
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 14 de Xuño de 2022.