Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2022

C21 solicita que se limpen as beirarrúas e marxes na N – 550 por Guillarei.

Imaxe
  Os centristas liberais continuamos traballando por tódalas parroquias da demarcación de Tui co obxecto de que o Goberno Local limpe as marxes das estradas e vías. Nesta ocasión, o noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro que se tramite a limpeza das beirarrúas en todo o percorrido da estrada N 550, sobre todo no tramo que vai dende a gasolineira a rotonda de acceso a autovía. Para C21 manter limpos os marxes non é so unha cuestión de practicidade no tránsito ou de imaxe das contornas, senón a mellor das medidas contra a prevención de incendios.    Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 18 de Xullo de 2022. Telemariñas.    

C21 solicita ao Goberno un paso de cebra con badén na Rúa Augusto González Besada.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se artelle un baden no paso de cebra da Rúa Augusto González Besada, a saída da Praza da Inmaculada. O cambio de altura que se dá ao entrar na rúa dende a beirarrúa supón un problema para as persoas con deficiencias de mobilidade e varios transeúntes levan tropezado nese lugar. C21 é coñecedor de que o Goberno socialista ten proxectado a humanización desta rúa pero os liberais non compartimos nin aceptamos dito proxecto en tanto en canto non se arranxe o problema do aparcamento, se aperture a rúa Ourense e se realice un estudo de impacto de dita humanización sobre o comercio, a hostalería, o tráfico e sobre a vida das persoas.

C21 solicita que se interveña contra o deplorable estado do Camiño do Castro en Ribadelouro.

Imaxe
  Converxencia 21 continúamos ca nosa labor de fiscalización do estado das parroquias. José Palacín acaba de introducir por rexistro unha petición para que se arranxe o Camiño do Castro en Ribadelouro, unha vía que presenta un grado inadmisible de deterioro, tanto nas súas marxes, con continuos derrubes de terra e pedras, como no firme, salpicado por baches e vexetación. Por esta razón, os centristas liberais solicitamos unha intervención urxente e integral, sobre todo tendo en conta que no percorrido desta estrada existe un cruceiro que pode ser motivo de visita turística e que debe sinalizarse.   Prensa Radio Municipal de Tui. noticias 13,30 do día 08/06/2022 Telemariñas  

C21 solicita unha limpeza en Riomuíños e a recuperación do auga ao seu paso polo lavadoiro.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir por rexistro de entrada unha solicitude para que se limpe o Barrio de Riomuíños e sobre todo para que se recupere o fluxo de auga no canle do río ao seu paso polo lavadoiro. Os liberais expresamos “o noso pesar pola deficiente conservación dun espazo tan singular, sobre todo en plena tempada de peregrinación no Camiño, o cal ofrece unha triste imaxe de Tui polas herbas que invaden os marxes das estradas e incluso nas proximidades do lavadoiro”. Do mesmo modo, os centristas pedimos que se teña a canle do rio sempre limpa porque o abandono actual, afirmamos: “Resulta un maltrato deste ben etnográfico por parte do Concello, máis aínda cando está inserido nun ámbito de especial protección como é o histórico arrabal de Riomuíños. Os liberais solicitamos que o goberno se poña en contacto coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para tramitar as pertinentes autorizacións de limpeza da canle que suministra auga ao antigo lavadoiro para q