Publicacións

C21 non fitra documentos.

Imaxe
Esta semana a Sra. Concelleira de Urbanismo realizóu unhas declaracións na Radio Municipal de Tui polas cuais insinuaba a filtración dun documento entregado polo Goberno nunha Comisión Informativa ao resto dos Grupos Municipais. Se trataba concretamente dunha folla de correccións de erros relativa ao expediente de Paramos.  Ante isto, C21 emitiu un comunicado trasladado a Radio Tui polo seu Concellerio, José Manuel Palacín.  Comunicado: "Para comezar, dende Converxencia 21 queremos rexeitar as prácticas de filtracións documentais en calquera ámbito das administracións públicas e por suposto da Xustiza, por iso ante este suposto caso que presentou na Radio Municipal de Tui a Sra. Concelleira de Urbanismo temos que declarar que C21 non acude a estes métodos truculentos.  Aclarado isto, tamén temos que rexeitar o procedemento polo cal a Sra. Concelleira presenta o caso, suxerindo que a filtración procede de algún membro da Comisión Informativa de Urbanismo,   s

Ante a noticia de falta de cadeiras (sillas plegables) no Concello de Tui

Imaxe
A semana pasada un medio de comunicación publicaba un artigo baseado nunhas declaracións dos Sres. Concelleiros de Deportes e de Facenda que trataban un asunto un tanto insólito, a falta de cadeiras de propiedade municipal para poder acomodar aos asistentes nos eventos de verán. O Sres. Concelleiros criticaban que o Goberno anterior, o noso de C21, deixara en depósito un número moi exiguo de sillas plegables pero isto dista moi lonxe da realidade. Antes da entrada de Converxencia 21 no goberno non había 150 sillas como afirma o Sres. Concelleiros senón bastantes menos, de feito ante esa carencia de cadeiras o Goberno (2015 - 2017) do Sr. Cabaleiro presentou unha licitación dentro do Plan Concellos para a adquisición de varias unidades. Pero a licitación artellouse con tal ausencia de criterio que se xuntou o pedido das sillas con outro de casetas de feira, (repetimos), todo xunto, o cal resultaba fabrilmente case incompatible. Por iso ao concurso, que xa to

O Concelleiro de C21 presente na inauguración da Rotonda de Guillarei

Imaxe
Palacín, segundo pola esquerda. Hoxe inauguróuse oficialmente a Rotonda de Guillarei, unha obra trascendental para a mellora do tráfico na PO-404, na súa intersección coa Rua Loureiro. O noso concelleiro, José Manuel Palacín estivo presente xunto co Delegado Territorial da Xunta, D. José Manuel Corés Touris, o Xefe Territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luís Díez e o Excelentísimo Alcalde de Tui D. Enrique Cabaleiro.     Esta obra, longamente desexada e reclamada, con un orzamento de 316.400, comezou a converterse en realidade en outubro de 2017 o ser incluida no pacto programático entre Converxencia 21 e o Partido Popular.  A inauguración de obra acudiu o Excelentísimo Alcalde D. Carlos Vázquez Padín en maio do ano pasado .   Dende C21 congratulámonos por esta obra que houbera quedado mellor si a beirarrúa da marxen esquerda (indo cara a estación) tivera continuidade en vez de quedar interrumpida por o muro e a varanda (quitamedos) da estrada. Agardamos a

Referente as declaracións da Sra Concelleira de Cultura sobre as Festas de San Telmo e Festas de Verán

Imaxe
Dende Converxencia 21 queremos aclarar as declaracións realizadas pola Sra. Concelleira de Cultura Dª Sonsoles Vicente en relación coas Festas de San Telmo e cos eventos de Verán neste ano 2019. Respecto as Festas de San Telmo, subliñar que a cifra de gasto non chega aos 300.000 euros como afirmou  a Sra. Concelleira;  e a máis consideramos que estas Festas foron as mellores da historia cunha programación variada e de gran calidade.  Queremos recordarlle ao Partido Socialista que o seu Goberno pagou 180.000 euros, as segundas Festas máis caras da historia en 2017, con eventos de menos entidade, sobre todo no que se refire aos concertos e atraccións, porque nos fixemos unha xestión exemplar dos cachibaches e moi orixinais espectáculos na rúa. Evidentemente un artista en boga como Blas Cantó e sobre todo unha formación da traxectoria de Orquesta Mondragón teñen un cache, non en vano a Mondragón atesoura 5 “hits” na música española, e os seus discos “Bon Voyage” e “Bésame Tonta

C21 solicta ao Goberno que realice unha nova licitación para a limpeza dos edificios do Concello.

Imaxe
No pleno de esta tarde noite o noso concelleiro, José Palacín, solicitou o Goberno do Partido Socialista - En Marea que declarase deserto o concurso para a Licitación da Limpeza dos Edificios dependentes do Concello de Tui logo de que non se presentara ningún candidato ao concurso. Un concurso precisamente impulsado polo noso goberno no mandato anterior.      Do mesmo modo Palacín defendeu a transparencia, as condicións, os pliegos e a cuantía de dito concurso.  A continuación transcribimos as palabras do noso concelleiro:  Permítanme que esta intervención sexa un pouco longa posto que estamos a falar dun concurso realizado polo goberno de Converxencia 21 durante mandato pasado. O goberno do Sr. Padín aprobou un procedemento de adxudicación do servizo de limpeza dos edificios dependentes do Concello por un total de 371.679,81 Euros, para así acabar cunha etapa de prorrogamentos insostibles.   Pero se me permiten gustaríame realizar breve historia do servizo de li