En relación ao colapso paulatino da Rúa Bispo Lago, C21 ven avisando dende fai tempo do afundimento de varias rúas e lémbralle ao Sr. Cabaleiro que C21 abriu a Rúa Ourense pola cara sur en 18 meses e a cara norte xa van para cinco anos.
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEicI24B3O6XAlItI9scAiIpMrfgYczfsAd4ejCbc-XSedrgjZjr30aPzw5zlRay-bO4-nGaV2a3V3olzLOtFJNMKBUejnaleSKXW_uSUakhIEr_7jRorIXuXPSdK6Jh2N9Yt_ndRzgATm_mfxzjXucCSg-HZ-xX9oJ5mOu9apqCuL8Crape1FZ42Q1Ho64/w640-h480/patazumba.jpg)
O noso concelleiro ven advertindo dende fai cinco anos, a través da campaña #Tuiseguro, do progresivo colapso desta rúa Bispo Lago e de outras como Antero Rubín, que para Palacín presentaba na parte superior unha fealdade manifesta, pero sobre todo, baixo o asfalto, un caos impropio dunha cidade digna. Tamén advertiu dos problemas de pluviais na Praza da Estrela e do afundimento preocupante da rúa Martínez Padín, considerando tímida a actuación do Goberno Municipal a pesares da emerxencia do asunto e empregando o diñeiro público en obras absurdas como na rúa Lugo. Palacín recoñece, iso si, que tras varios rexistros de entrada o executivo de Enrique Cabaleiro tomou cartas en Antero Rubín e Canónigo Valiño, si ben cunha actuación polémica polo levantamento inadecuado das pedras centenarias do cruce, precisamente, con Bispo Lago. Respecto desta posible actuación na rúa Bispo Lago ou Rúa Nova o rexedor realizou unha serie de declaracións na prensa que para Palacín supoñen “un exercic