PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""


No Pleno de onte materializouse a reintrodución do Imposto de Plusvalía a proposta do Goberno Socialista e cos votos favorables dos membros do Goberno é do BNG.

Este inxusto tributo fiscal fora suprimido polo Goberno de Converxencia 21, sendo Alcalde Carlos Vázquez Padín en 2018 por varias razóns: 

1) Convicción de que o gravame nas transaccións de bens patrimoniais tanto por venta, como por doazón ou sucesión son un abuso do Estado, unha intromisión inaceptable nos dereitos do individuo sobre a súa propiedade privada.

2) Os cartos deben estar nas mans dos seus lexítimos propietarios en vez de nas arcas do ineficiente Estado que cada vez emprega máis os recursos en alimentar a industria política. Do mesmo modo, unha estratexia de baixos impostos dinamiza a economía e isto non é alleo a Tui.

3) Concretamente este imposto, naqueles intres estaba sendo sometido a lupa do Tribunal Superior de Xustiza Europeo, incluso do Supremo e do Constitucional do propio Estado Español, porque vulneraba o artigo 31 da Constitución Española por incapacidade económica. De feito, en 2021 foron tumbados os artigos da Lei Tributaria que ca súa aplicación indiscriminada, gravaban a todo aquel que transmitirá unha vivenda. 

Despois de un lustro, o PSOE e o BNG resucitan este imposto e Converxencia 21 entende que:

1) Agora reformáronse mediante Decreto os artigos deste Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de natureza Urbana pero o espírito sigue a ser o mesmo.

2) Será un desincentivo para a compra venta de vivenda e polo tanto contribuirá ao estancamento do mercado inmobiliario en Tui.

3) Resulta un imposto engorroso e que apenas contribuirá as arcas municipais, porque segundo estima o ORAL será de 13.943,27 € para as transmisións "lucrativas" e 5.429,46 € para as onerosas. Ou sexa, nin 20.000 euros anuais.

 O Goberno cometeu a imprudencia de subir indiscriminadamente este imposto en vez de revisar os padróns económicos municipais en materia de outras cargas como o IBE ou determinadas taxas, onde pode haber unha marxe notable de incremento na recadación por falla de control. 

Por outra banda, entendemos que acudir por parte do Goberno a unha subida de impostos é o resultado de catro anos de mala xestión dos recursos públicos, con constantes sacudidas ao Remanente Líquido de Tesourería e ausencia de consistencia orzamentaria.    

Para o voceiro de Converxencia 21, José Palacín, este será primeiro de varios impostos e taxas a elevar e que en definitiva, "entramos nunha era de depredación fiscal contra os tudenses".  

  

  Foto: Xentileza de Betty Rey.          

Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.