En relación ao colapso paulatino da Rúa Bispo Lago, C21 ven avisando dende fai tempo do afundimento de varias rúas e lémbralle ao Sr. Cabaleiro que C21 abriu a Rúa Ourense pola cara sur en 18 meses e a cara norte xa van para cinco anos.
O noso concelleiro ven advertindo dende fai cinco anos, a través da campaña #Tuiseguro, do progresivo colapso desta rúa Bispo Lago e de outras como Antero Rubín, que para Palacín presentaba na parte superior unha fealdade manifesta, pero sobre todo, baixo o asfalto, un caos impropio dunha cidade digna. Tamén advertiu dos problemas de pluviais na Praza da Estrela e do afundimento preocupante da rúa Martínez Padín, considerando tímida a actuación do Goberno Municipal a pesares da emerxencia do asunto e empregando o diñeiro público en obras absurdas como na rúa Lugo. Palacín recoñece, iso si, que tras varios rexistros de entrada o executivo de Enrique Cabaleiro tomou cartas en Antero Rubín e Canónigo Valiño, si ben cunha actuación polémica polo levantamento inadecuado das pedras centenarias do cruce, precisamente, con Bispo Lago. Respecto desta posible actuación na rúa Bispo Lago ou Rúa Nova o rexedor realizou unha serie de declaracións na prensa que para Palacín supoñen “un exe...