Converxencia 21 solicita un informe dos “custes efectivos” nos servizos recen asumidos e das “achegas” realizadas con cargo a Remanente polo Goberno do Concello de Tui

Entrevista na SER : https://cadenaser.com/audio/1712061529496/ No Pleno o Goberno Local traía a recoñecemento un crédito extraxudicial e José Palacín, tras criticar “contundentemente” o modelo de xestión dos Socialistas de Tui, abstívose a cambio de que se elabore este informe e de licitar certos servizos. Os liberais tamén votaron en contra da subida do IBI. O concelleiro noso nunha longa e minuciosa intervención analizou de forma moi crítica o expediente de Recoñecemento de Crédito presentado polo Goberno Local neste último Pleno Ordinario e que a xuízo do voceiro “presenta graves eivas posto que se carece de crédito, o expediente afecta a estabilidade orzamentaria e por enriba, dende o punto de vista procedimental resulta preocupante, sobre todo no que se refire ao escaso axuste de moitas desas facturas a Lei de Contratación do Sector Público”, tal como sinala o informe do Departamento de Intervención. Ante o voto negativo cara a este expediente por parte do Partido ...