Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

C21 solicita que se tramite a recolocación da tapa dunha caixa telefónica na Rúa Concordia e reclama coordinación entre concellerías para atender estas cuestións.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se proceda a tramitación para que se recoloque a tapa dunha caixa de conexións de teléfono que está sita na Rúa Concordia, a altura do Nº 55. Este poste destapado ofrece unha pésima imaxe, ao marxe de que calquera pode manipular o interior e avariar o entramado de pares. C21 leva tres anos traballando na súa campaña #tuiseguro e reclama maior coordinación entre as concellerías de Seguridade, Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio e Vías e Obras para subsanar as deficiencias que se presentan neste ámbito das infraestruturas e plantexarán nos próximos meses protocolos de actuación máis eficientes e mellor coordinados.    Prensa.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 26/09/2022.

C21 vota a favor da Axenda Urbana pero con reticencias a algúns proxectos do Goberno Local

Imaxe
No pleno extraordinario de comezos de setembro a Corporación tudense sometía a aprobación a Axenda Urbana, un documento sobre o que, supostamente, se vertebrará o futuro urbanístico, e incluso económico, da cidade e de toda a contorna. Converxencia 21 votamos a favor deste documento, o máis ben como explica José Palacín”: “Da esencia do mesmo e do que implica a nivel de planificación e de posible financiamento para Tui”. Sen embargo, o noso concelleiro matizou no Pleno que se inclúen proxectos que os centristas de Tui non consideramos suficientemente reflexionados como determinadas peonalizacións, léase a da Rúa Augusto González Besada, posto que: “Todas estas peonalizacións carecen de estudo de impacto para o comercio, a hostalería e o turismo, e existen obras previas sen rematar como a apertura da Rúa Ourense pola cara norte, o que sumado a estas novas restricións da circulación de vehículos, poderían agravar o problema do tráfico existente, e xerado polo Partido Socialista”. Do mesm

C21 solicita a limpeza das rúas céntricas de Tui.

Imaxe
O noso concelleiro, Jose Palacín, acaba de rexistrar unha petición para que o Goberno Local limpe as rúas de Tui, especialmente Rosa Bahamonde, Foxo e Augusto González Besada que presentan un aspecto deplorable de sucidade con excrementos e mexo caninos e de pombas, restos de vómitos, chicles pegados e todo tipo porquería. Os liberais plantexamos que: “Entendemos que existan restricións de auga neste verán especialmente pobre a nivel hídrico, pero a falta de hixiene de Tui é un asunto endémico do Goberno do Partido Socialista, e se está a converter nun problema de saúde pública nunha cidade histórica e turística e que ademais prexudica gravemente ao comercio da zona”. C21 seguiremos insistindo nesta cuestión e en que se limpen os sumidorios porque si veñen as choivas, Tui terá problemas de inundacións. Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do Xoves día 1 de Setembro de 2022.