C21 solicita a limpeza das rúas céntricas de Tui.


O noso concelleiro, Jose Palacín, acaba de rexistrar unha petición para que o Goberno Local limpe as rúas de Tui, especialmente Rosa Bahamonde, Foxo e Augusto González Besada que presentan un aspecto deplorable de sucidade con excrementos e mexo caninos e de pombas, restos de vómitos, chicles pegados e todo tipo porquería.

Os liberais plantexamos que: “Entendemos que existan restricións de auga neste verán especialmente pobre a nivel hídrico, pero a falta de hixiene de Tui é un asunto endémico do Goberno do Partido Socialista, e se está a converter nun problema de saúde pública nunha cidade histórica e turística e que ademais prexudica gravemente ao comercio da zona”.

C21 seguiremos insistindo nesta cuestión e en que se limpen os sumidorios porque si veñen as choivas, Tui terá problemas de inundacións.

Prensa

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do Xoves día 1 de Setembro de 2022.

 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.