C21 vota a favor da Axenda Urbana pero con reticencias a algúns proxectos do Goberno Local





No pleno extraordinario de comezos de setembro a Corporación tudense sometía a aprobación a Axenda Urbana, un documento sobre o que, supostamente, se vertebrará o futuro urbanístico, e incluso económico, da cidade e de toda a contorna.

Converxencia 21 votamos a favor deste documento, o máis ben como explica José Palacín”: “Da esencia do mesmo e do que implica a nivel de planificación e de posible financiamento para Tui”.

Sen embargo, o noso concelleiro matizou no Pleno que se inclúen proxectos que os centristas de Tui non consideramos suficientemente reflexionados como determinadas peonalizacións, léase a da Rúa Augusto González Besada, posto que: “Todas estas peonalizacións carecen de estudo de impacto para o comercio, a hostalería e o turismo, e existen obras previas sen rematar como a apertura da Rúa Ourense pola cara norte, o que sumado a estas novas restricións da circulación de vehículos, poderían agravar o problema do tráfico existente, e xerado polo Partido Socialista”.

Do mesmo modo, explicamos que nos parece moi pouco serio que este Goberno non explique con claridade porque non acomete as obras do parking soterrado. Palacín afirma que: “Xa pasaron seis meses dende a súa adxudicación e agora o Sr. Alcalde sorprende co feito de que barallan a realización dunha segunda planta sen advertir a cidadanía de que isto comportaría a formalización dun novo proxecto e que habería que indemnizar a empresa adxudicataria polo feito da suspensión do acordo. C21 ven solicitando ao Goberno que realice unha prospección para ver a posibilidade de viabilizar unha ampliación do parking pola Rúa Compostela o cal suporía un proxecto diferente e non causaría esa teima administrativa e económica as arcas públicas, solucionando de maneira máis efectiva a falta de estacionamento e melloraría a diversificación de saídas e entradas no parking. Sen embargo, o Goberno vense resistindo a esta cuestión”.

Outro disparate para C21 é incluír na Axenda Urbana a obra faraónica da Alameda de Santo Domingo e que sospeitamos que podería roldar o millón de Euros cando Tui carece dunha comisaría de policía en condicións.

José Palacín explicou tamén que para nada comparte o modelo de "Cidade Dormitorio" do Sr. Cabaleiro e que os liberais apostamos por unha "Cidade Dinámica", comezando polo centro histórico e por iso o noso voceiro pediu a corrección das restricións marcadas polo PEPCHA e que impiden a actividade comercial, de negocio e hostaleira en todo o casco antigo, e tamén consideran que algunhas das súas ideas para o artellamento das parroquias non se incluíron e que o Mercadillo do Xoves debe regresar ao centro.

Por último, os liberais de Tui queremos felicitar ao equipo redactor polo traballo realizado e sobre todo que se artellara por parte dos responsables un modelo consultivo baseado na gobernanza. 
 
Prensa
 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 14 de setembro de 2022.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.