Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.


 

O noso concelleiro, que continua co programa de C21 #tuiseguro, acaba de solicitar que se estude por parte das concellerías de Obras e de Patrimonio a retirada e conversión en solo firme de pedra do espazo que ocupa actualmente un xardineira que debería albergar unha árbore, pero que non existe na praza do barrio de San Bartolomé.

Os liberais alegamos por unha banda que ter ese espazo destrozado e valeiro afea a contorna e que ademais o Concello debería estudar a eliminación da estrutura posto que a procesión do santo pasa xusto por ese lugar resultando un perigo e dende logo entorpecendo o tránsito. A tal efecto, José Palacín pide que: “Se estude con Patrimonio a retirada porque si algún transeúnte e sobre todo, algún portador de imaxes da procesión tropeza neste lugar pode producirse unha desgraza”.

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.