Entrevista a José Palacín Pleno Extraordinario do 05/10/2023. RMT
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzxypxS3mb-7soGJ83D6TqzqJTQWMD7eDQfes81vx_r2uS4-8yr0XQ02JkPDuwbQtz15vpV9MTRTkEiIlufGrIkBMD4nim8bl71cNcez-kttmtyGnRVuClOd6CvPTQ7-m880eEHolSD9MgJHLOirpi_qoPvKd0OZUm8iPo64q5arr2aKN4Jwq6HfdHPh0/w640-h336/foto%20palacin.jpg)
Hoxe o noso voceiro, José Palacín, estivo na Radio Municipal de Tui falando do Pleno Extraordinario do 5 de outubro. C21 defendeu nesta sesión plenaria a súa moción sobre o cambio de localización do Mercadillo do Xoves que creemos, debe achegarse máis ao centro histórico, pero o BNG votou en contra do que levaba estipulado no seu programa electoral e o asunto quedou sobre a mesa. Tamén postulámonos respecto ao resto das mocións, entendendo que sería positivo ingresar na Rede de Emprendedores de Galicia e argumentando a escasa implicación do Goberno Local co emprendemento e cas políticas económicas produtivas. Do mesmo modo, pensamos que a sede de Asuntos Sociais debe mudar de lugar pero hai que estudar o cambio de pezas dos edificios públicos de Tui con estratexia e sentido de cidade. Tamén negámonos rotundamente a asumir un convenio de cesión con ADIF no cal o Concello e Tui teña que facerse cargo das responsabilidades civís e penais derivadas dun hipotético accidente derivado da