Converxencia 21 considera que as luminarias da rúa Concordia atópanse nun estado lamentable.

 


C21 acaba de introducir por rexistro de entrada unha petición para que se revisen as luminarias da rúa Concordia.

O voceiro do noso partido considera que están nun estado lamentable, sobre todo as cabezas, con carcasas torcidas ou directamente decapitadas, moitas con cristais rotos, iso incluíndo unha absoluta ausencia de limpeza deste ben público.

Fai dous anos, a través de varios rexistros, notas de prensa e de observacións en repetidos plenos, os liberais fixemos ver ao Goberno Local o mal estado das luminarias das rúas Corredoira, Augusto González Besada e Rosa Bahamonde, ata que realizouse unha intervención. Agora José Palacín pide unha solución para a Concordia: “Posto que falamos da entrada da cidade e a imaxe desta vía a día de hoxe resulta deplorable”.

Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.