Publicacións

C21 solicita a inmediata recollida dos restos das podas nos Xardíns da Alameda.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de introducir un rexistro de entrada para que o Goberno Local mande recoller a maior brevidade os restos das podas que se deixaron tiradas no Xardín da Alameda. Os liberais afirmamos que fai semanas que se podaron as árbores pero as ramas extraídas continúan abandonadas no chan, servindo incluso como refuxio de ratas e constituíndo en xeral un elemento de insalubridade. C21 plantexará esta cuestión en Pleno, si para ese día non se acometeu a labor de retirar eses restos.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Imaxe
No Pleno de onte materializouse a reintrodución do Imposto de Plusvalía a proposta do Goberno Socialista e cos votos favorables dos membros do Goberno é do BNG. Este inxusto tributo fiscal fora suprimido polo Goberno de Converxencia 21, sendo Alcalde Carlos Vázquez Padín en 2018 por varias razóns:  1) Convicción de que o gravame nas transaccións de bens patrimoniais tanto por venta, como por doazón ou sucesión son un abuso do Estado, unha intromisión inaceptable nos dereitos do individuo sobre a súa propiedade privada. 2) Os cartos deben estar nas mans dos seus lexítimos propietarios en vez de nas arcas do ineficiente Estado que cada vez emprega máis os recursos en alimentar a industria política. Do mesmo modo, unha estratexia de baixos impostos dinamiza a economía e isto non é alleo a Tui. 3) Concretamente este imposto, naqueles intres estaba sendo sometido a lupa do Tribunal Superior de Xustiza Europeo, incluso do Supremo e do Constitucional do propio Estado Español, porque

Converxencia 21 pide o arranxo das luces na baixada da Rúa Aloques cara a Rio Muíños.

Imaxe
O noso concelleiro ven de solicitar por rexistro unha solicitude para que arranxen as luminarias que percorren a rúa Aloque na súa baixada cara ao barrio de Rio Muíños. José Palacín ven de pedir ademais que se reforce con algunha patrulla esa zona cando vai entrando a noite. C21 leva realizados a través da campaña #tuiseguro centros de rexistros para a mellora da cidade e das parroquias en materia de seguridade e accesibilidade.     

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan Tui Seguro (#tuiseguro) que continua un mandato máis, ven de avisar por rexistro de entrada da situación dos sumidoiros da cidade en xeral, pero moi especialmente de un que se sitúa ao final da Rúa Corredoira e que é obxecto de constantes desbordamentos. Desta alcantarilla e da seguinte xa avisamos C21 o ano pasado e segundo Palacín: “Parece que pouco se fixo porque a situación continúa igual”, ademais os centristas consideran necesario abordar a súa limpeza xa que, as augas torrenciais que baixan pola rúa provocaron o desprendemento da pedra dunha xardineira que agora está no medio da vía, provocando algún tropezón entre os transeúntes. Converxencia 21 consideramos que hai que pedir ao Consorcio solucións máis potentes e integrais, con maiores investimentos para a zona monumental, e lamentamos que o noso partido fora o único en rexeitar nun Pleno uns estatutos do Consorcio de Augas que lle restan poder a Tui e que fan que este Conce