Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

 


O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan Tui Seguro (#tuiseguro) que continua un mandato máis, ven de avisar por rexistro de entrada da situación dos sumidoiros da cidade en xeral, pero moi especialmente de un que se sitúa ao final da Rúa Corredoira e que é obxecto de constantes desbordamentos.

Desta alcantarilla e da seguinte xa avisamos C21 o ano pasado e segundo Palacín: “Parece que pouco se fixo porque a situación continúa igual”, ademais os centristas consideran necesario abordar a súa limpeza xa que, as augas torrenciais que baixan pola rúa provocaron o desprendemento da pedra dunha xardineira que agora está no medio da vía, provocando algún tropezón entre os transeúntes.

Converxencia 21 consideramos que hai que pedir ao Consorcio solucións máis potentes e integrais, con maiores investimentos para a zona monumental, e lamentamos que o noso partido fora o único en rexeitar nun Pleno uns estatutos do Consorcio de Augas que lle restan poder a Tui e que fan que este Concello so teña un voto no máximo órgano de dirección deste ente.

Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.