Aprobada por unanimidade a moción de C21 en apoio a Banda de Música Popular de Tui.
Dende ese momento empezou para a nosa Banda Popular un penoso periplo na procura de un local axeitado para ensaiar e para gardar o seu valioso e delicado material de ensaio.
Tras buscar, estritamente pola súa conta, varias solucións transitorias agora atópanse nunha situación desesperada sen que se lle procure solución algunha dende o ente municipal.
Tanto é así, que onte a dirección da Banda emitiu un comunicado de SOS no que se solicita unha solución, máis tendo en conta o calendario de actuacións que se lles presenta e a necesidade perentoria de ensaiar o seu novo repertorio.
Polo tanto, por esta moción solicitamos ao Goberno que solvente a precariedade da ubicación da Banda Popular de forma inmediata e en triplo sentido:
1) Procura de un local de ensaio que cumpra as medidas protocolarias COVID 19 e que acusticamente sexa aceptable.
2) Ese local de ensaio debe ter un espazo para gardar de forma operativa e segura o material. Cando falamos de seguridade referímonos as medidas anti-roubo e de salubridade para os instrumentos.
3) Unha oficina administrativa para que a banda poda tramitar a súa actividade artística e promocional.