Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

C21 adiantouse tres anos ao Tribunal Constitucional eliminando o Imposto de Plusvalía en Tui.

Imaxe
Foto: José Palacín solicita unha baixada do IAE con resposta negativa por parte do Goberno.   Esta semana atopabámonos con esta noticia: El MUNDO El Tribunal Constitucional ha anulado este martes el impuesto de plusvalía municipal cobrado por los ayuntamientos. Según informan fuentes jurídicas a EL MUNDO, el tribunal de garantías, en una sentencia ponencia del magistrado Ricardo Enríquez, considera que el cálculo del impuesto es inconstitucional al entender que el sistema de cómputo objetivo no se corresponde con la realidad, afectando al principio de capacidad económica recogido en el artículo 31 de la Constitución española. Nese aspecto subliñamos que C21 liquidou para Tui este imposto no ano 2018 por consideralo, segundo palabras do entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín: "Lesivo para aquel que realiza unha venta e xa pagou outro tipo de impostos na súa primeira adquisición". Pola súa banda, o noso concelleiro José Palacín afirma que: "A Plusvalía, salvo cando se produ

C21 insiste en que se debe acometer a limpeza dos barbudos da Casa dos Capeláns.

Imaxe
O noso voceiro, José Palacín, volverá a solicitar no pleno de novembro que o Concello de Tui tramite a limpeza dos dous principais elementos decorativos externos da Casa Dos Capeláns, concretamente as ménsulas con motivos de Barbudos que representan a Aarón e Moisés, e que se se atopan invadidos polo musgo, sendo necesaria unha intervención para devolverlle o seu esplendor a estas magníficas figuras decorativas. Xa pedíramos esta cuestión por rexistro de entrada ao anterior Concelleiro de Patrimonio, D. Laureano Alonso, e agora volven a realizar este requirimento a espera de que o Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, ditamine e faga público o nome do novo titular desta área.  José Palacín afirma: “Entendo o estado de desconcerto do Goberno por fraguarse a súa propia minoría, e por iso lles estou a dar un tempo para reorganizarse, ata inicios de novembro, pero Tui non pode agardar máis e no próximo mes iniciaremos unha campaña centrada na defensa do Patrimonio e en contra do feísmo, sobre

C21 felicita a Escola CRA Mestra Clara Torres polo "Premio Escuela 2020".

Imaxe
  Os liberais de Tui felicitamos a Escola CRA Mestra Clara Torres pola consecución do "Premio Escuela 2020" da Fundación Princesa de Girona debido a súa trexectoria ao longo da historia na esencial labor de ensinanza a infancia no rural.  As escolas rurais son o eixo fundamental sobre o que se vertebra a educación no campo galego, e polo tanto, un elemento esencial para a supervivencia da sociedade e da economía nos espazos non urbanos.   No percorrido desta institución educativa e na historia das súas aulas ao longo das diferentes parroquias de Tui destaca o traballo decomunal das Directoras Dª Clara Torres (DEP) e Dª Teresa Rodríguez, recentemente xubilada, iso si, sen esquecer a todo o profesorado que adicou as súas vidas a tan nobre labor. Xa no 2020 a Corporación do Excelentísimo Concello de Tui concedera ao CRA Mestra Clara Torres e as súas aulas o máximo galardón, a Medalla de Ouro que non se entregou pola crise sanitaria do COVID pero que se concederá de forma ceremon

C21 pide a revisión dos plataneiros do Paseo Familia Álvarez Blazquez.

Imaxe
  No último Pleno Ordinario, celebrado o pasado 30 de setembro, o noso concelleiro, José Manuel Palacín solicitou a revisión por parte de técnicos competentes dos plátanos de sombra que flanquean o paseo Familia Árvarez Blázquez dada a presenza de podredume por fungos nos seus troncos e pólas e o conseguinte risco de desprendemento. Esta acción toma máis urxencia despois do terrible suceso acaecido o pasado domingo de Mondariz-Balneario. É polo tanto que solicitamos ao Concello de Tui un informe valorativo dos citados plátanos, amáis da redacción dun estudo e plan de xestión para o mantemento do arborado urbano e a corta dun castiñeiro de indias que actualmente se atopa seco na Alameda de San Domingos co conseguinte risco para as persoas, nomeadamente cando se producen aglomeracións como a acontecida no último concerto realizado nese lugar o mes pasado. C21 continua ca súa campaña #tuiseguro, esta vez con unha cuestión que as veces pode pasar inadvertida como é o arborado.  Prensa Tele

C21 solicita a reparación dun punto de luz e o asfaltado nun camiño no barrio de Bouzabalada, parroquia de Areas.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro da nosa campaña #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada o arranxo dun punto de luz e a mellora do asfaltado nun camiño que intersecciona ca PO-552, no barrio de Bouzabalada, na parroquia de Areas. A veciñanza queixase da escasa visibilidade debido a que a única luminaria dese camiño atópase fundida e na estrada xeral, xusto nese punto, non hai luz. Por outra banda, C21 solicitamos a mellora do asfalto alomenos nos primeiros 500 metros de dito camiño, debido a que se atopa moi bachado por efecto das choivas.   Prensa   Porriño Digital 

Declaracións de José Palacín ao respecto da Ordenanza que regula as taxas do lixo e que afecta gravemente ao comercio e a hostalería de Tui.

Imaxe
"Xa o expuxemos na última Sesión Plenaria, a ordenanza das taxas abusivas do lixo, que afecta gravemente ao comercio e a hostalería locais de Tui, necesita tratarse de forma monográfica e urxente por parte da Corporación. C21 agarda que o recentemente dimitido Concelleiro de Turismo, D. Laureano Alonso, dea un paso adiante porque a el lle corresponde dende un punto de vista moral.    Pola nosa banda, estaremos atentos a súa reacción, e senón, en breve, os liberais to maremos  a iniciativa neste asunto".  

Video da Intervención en Pleno José Palacín C21, bonificación IVTM para vehículos eléctricos.

Imaxe
  A continuación presentamos o video sobre a intervención do noso concelleiro, José Palacín, na Sesión Plenaria de setembro con motivo do punto da orde do día nº 3: "Bonificación IVTM para vehículos eléctricos".    Enlace video.