C21 felicita a Escola CRA Mestra Clara Torres polo "Premio Escuela 2020".
Os liberais de Tui felicitamos a Escola CRA Mestra Clara Torres pola consecución do "Premio Escuela 2020" da Fundación Princesa de Girona debido a súa trexectoria ao longo da historia na esencial labor de ensinanza a infancia no rural.
As escolas rurais son o eixo fundamental sobre o que se vertebra a educación no campo galego, e polo tanto, un elemento esencial para a supervivencia da sociedade e da economía nos espazos non urbanos.
No percorrido desta institución educativa e na historia das súas aulas ao longo das diferentes parroquias de Tui destaca o traballo decomunal das Directoras Dª Clara Torres (DEP) e Dª Teresa Rodríguez, recentemente xubilada, iso si, sen esquecer a todo o profesorado que adicou as súas vidas a tan nobre labor.
Xa no 2020 a Corporación do Excelentísimo Concello de Tui concedera ao CRA Mestra Clara Torres e as súas aulas o máximo galardón, a Medalla de Ouro que non se entregou pola crise sanitaria do COVID pero que se concederá de forma ceremonial en breve por petición de C21 na Sesión Plenaria de setembro.
O próximo día 28 de novembro, a lenda da nosa institución educativa por excelencia, increméntase ca visita do Sr. Xefe do Estado Español, D. Felipe de Borbón Y Grecia para entregar o tan afamado "Premio Escuela 2020".