C21 pide a revisión dos plataneiros do Paseo Familia Álvarez Blazquez.

 

No último Pleno Ordinario, celebrado o pasado 30 de setembro, o noso concelleiro, José Manuel Palacín solicitou a revisión por parte de técnicos competentes dos plátanos de sombra que flanquean o paseo Familia Árvarez Blázquez dada a presenza de podredume por fungos nos seus troncos e pólas e o conseguinte risco de desprendemento.

Esta acción toma máis urxencia despois do terrible suceso acaecido o pasado domingo de Mondariz-Balneario.

É polo tanto que solicitamos ao Concello de Tui un informe valorativo dos citados plátanos, amáis da redacción dun estudo e plan de xestión para o mantemento do arborado urbano e a corta dun castiñeiro de indias que actualmente se atopa seco na Alameda de San Domingos co conseguinte risco para as persoas, nomeadamente cando se producen aglomeracións como a acontecida no último concerto realizado nese lugar o mes pasado.

C21 continua ca súa campaña #tuiseguro, esta vez con unha cuestión que as veces pode pasar inadvertida como é o arborado. 

Prensa

Telemariñas

Infomiño 

Porriño Digital

Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 h do día 08/10/2021. 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.