C21 considera absolutamente improcedente a obra de pavimentación de Antero Rubín.


Os liberais vimos de mostrar a nosa desconformidade ca actuación que se está a desenrolar no ámbito de Antero Rubín, concretamente na súa intersección cas rúas Baixada de A Mariña e Bispo Lago, onde se retirou o empedrado nun tramo de uns 50 metros para dispoñer unha superficie de formigón.

Converxencia 21 consideramos inadmisible a retirada das nobres lousas de pedra, aínda que se redistribuia por outros espazos desa rúa, e afirma que: “De feito, en 2018, baixo o Goberno do Sr. Padín e durante unha visita de expertas en patrimonio, este firme da antesala do Casco Histórico foi louvado e considerado espazo a preservar”.

José Palacín di tamén que revisará o proxecto para determinar o concepto de “canto rodado” que foi o que prometeu o Goberno como firme para esa rúa durante a Sesión Plenaria no que se tratou o asunto, porque (afirma Palacín): “Ao meu xuízo a cantidade de canto rodado resulta anecdótica en comparación do que destaca o formigón”.

Por outra banda, C21 pide a inmediata retirada das pedras apiladas de enriba da Ponte da Baixada a Mariña, con un peso considerable, porque as vigas desa estrutura presentan unha enorme corrosión como xa denunciaron fai dous anos na súa campaña #tuiseguro.

Para os liberais esta foi unha oportunidade perdida, porque debería haberse tratado a potabilización e realce da Fonte, entre outras cuestións, foi tamén nunha cantidade de diñeiro público ineficientemente empregado e unha molestia terrible para os veciños debido a absoluta improvisación; e poñen como exemplo a nula disposición de aparcamento posto que o suposto parking do Seminario case nunca estivo dispoñible debido ao pésimo estado do firme da Travesía de Santo Domingo.



Prensa. 
 
 
 
 
Radio Municipal de Tui. Día 23/01/2023
 
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?