C21 considera “inadmisibles” as declaracións do Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, sobre a Policía Local.
O Sr. Cabaleiro, ante os micrófonos da R.M.T declamou: “As baixas collidas durante estas datas de Nadal por catro membros da Policía Local obedecían mais a unha cuestión de conflitos de intereses ou a outra intencionalidade”.
Palacín considera que: “Con estas declaracións o Sr. Cabaleiro coloca un velo de sospeita sobre os funcionarios públicos, algo que me produce estupor, porque non so se insinúa sobre a Policía, senón que, indirectamente, podería estarse cuestionando o sistema sanitario que avala as susoditas baixas. Por outro lado, tamén tende unha cortina de fume para tapar a súa mala xestión neste ámbito ”.
Os liberais xa advertíramos da enorme precariedade do servizo de vixilancia durante estas festas e explican que, por unha parte, faltan efectivos, por outra medios, comezando por unha comisaría, e por outra, capacidade ou vontade do Goberno Socialista para incrementar as horas extras en momentos claves como a Noite de Fin de Ano, cando este resulta un servizo esencial.
O noso concelleiro solicítalle a máxima autoridade local, “maior contención e non caer nunha deriva anti-institucional”.
Prensa
Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 do día 13 de xaneiro de 2023.