C21 solicita que o Goberno pida a fomento barreiras contra o ruído na Autovía A - 55 ao seu paso pola Pousa do Bispo.
O noso concelleiro, José Palacín, ven de rexistrar unha solicitude para que o Goberno Local pida ao Ministerio de Fomento medidas correctoras con obxecto de mitigalo ruído que chega da autovía a Urbanización Pousa do Bispo.
A meirande parte dos veciños están a sufrir unha contaminación acústica que é das máis agresivas en Galicia e que supera con creces os índices aceptables para Lk,d, Lke e Lkn, ou sexa, que estamos ante medidas inadmisibles a tódalas horas ao longo de cada xornada.
Informes de fai dez anos, reflicten que o número de afectados, en maior ou menor medida, superan os cen, sendo estes propios residentes os que remitiron un escrito solicitando a actuación entre Pk 28 e Pk 30 da zona afectada UME 261-IV.
A carta de contestación da Subdelegación do Goberno, que datou de 2009, plantexaba que se recibirá por parte da “Subdirección Xeral de Conservación e Explotación da Dirección Xeral de Estradas” unha orde de realizar un estudo das zonas sensibles das vías do Estado en Galicia e que se estudaría incluír este tramo ca conseguinte actuación, pero ata agora, quince anos despois, nada se fixo.
C21 expón que é necesario un plan de actuación para a Autovía A-55, dentro deste ámbito por entender que se están a vulnerar os límites de decibelios estipulados pola lei para zonas de uso residencial e pide ao Goberno Local, como motivo da recepción da Urbanización Finca das Augas – Pousa do Bispo, que pida o impulso desta xestión a Fomento.
Prensa
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día 02/02/2023