Converxencia 21 lamentan os terribles ocorridos no Casco Histórico de Tui.

 


O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de mostrar a súa consternación pola queima indiscriminada de vehículos acaecida durante a pasada noite no Centro Histórico de Tui.

Os liberais, ante todo, solidarízanse cos veciños que foron vítimas desta barbarie e afirman que colaborarán co Goberno nas axudas que se destiñen a paliar os danos. Do mesmo modo, felicitan  aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola rápido esclarecemento do caso. 

Palacín expresa literalmente: “O centro Histórico de Tui sufríu un dos golpes máis duros da súa historia, e insiste en que debe reforzarse a seguridade e mellorarse os protocolos de intervención polos servizos de emerxencia”.


Prensa 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.