C21 congratúlase do anuncio da restauración do Teatro Principal con fondos PIREP .

 


Congratulámonos enormemente da nova de que o Teatro Principal fose un dos inmobles que recibirán fondos PIREP a través do MITMA dentro da Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de titularidade local con 772.000 euros ao final destes catro anos do Goberno de Enrique Cabaleiro en Tui.
 
Trátase do impulso definitivo e ineludible para a rehabilitación deste emblemático edificio que ha de acometerse neste próximo mandato para convertirse nun punto neurálxico da cultura así como de elemento difusor de rexeneración urbana no centro histórico.
 
Por parte de C21, a rehabilitación do Teatro Principal foi sempre un dos puntos esenciais nas nosas propostas desde as primeiras eleccións ás que concorremos en 2011. E seguiuno a ser durante o noso goberno entre 2017 e 2019. Nese periodo, baixo o mandato de Carlos Vázquez Padín e a dirección das áreas de Cultura e Patrimonio de Eduardo Freiría Martínez, déronse os primeiros pasos de cara a futura rehabilitación e valorización do acervo do Teatro. 
 
Comezouse cunha reunión preliminar entre o alcalde Carlos Vázquez Padín, o concelleiro Eduardo Freiría e o presidente da Fundación Teatro Principal José Antonio Quiroga Quiroga co arquitecto César Portela a mañá do 23 de maio de 2018 para iniciar os traballos dun novo proxecto adaptado á nova realidade. Desgraciadamente esa mesma tarde produciuse a traxedia de Paramos, feito que motivou que a cuestión do Teatro quedase adiada.
 
Retomada a xestión neste asunto, o 13 de novembro de 2018 conclúe o proceso de adquisición do inmoble por parte do Concello. Feito este, esencial para a recepción de fondos públicos para a súa rehabilitación despois de que nos anos 80 o Teatro quedara fóra de calquera proposta de financiación pública ao estar en mans privadas.
 
O de 10 de xaneiro de 2019, co fin de procurar liñas de financiación, mantívose unha reunión no entón Ministerio de Fomento entre o Director General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, Francisco Javier Martín Ramiro, o alcalde Carlos Vázquez Padín, o concelleiro Eduardo Freiría e o historiador Suso Vila.
 
A adquisición por parte do Concello do inmoble desenvocou na extinción da Fundación Teatro Principal que motivou a recepción e custodia por parte do Concello dos materiais mobles aínda conservados asociados ao Teatro.
 
A partires de aí consideramos que deberíase realizar un traballo de divulgación dos valores do Teatro de cara a sociedade, e para iso levamos a cabo unha exposición co legado da Fundación, un traballo previo de restauración do telón e publicación do libro de Suso Vila “O Teatro de Tui”.
 
O noso compromiso coa rehabilitación do Teatro Principal segue sendo firme e adicaremos o noso esforzo e apoio ata que chegue a materializarse.

Publicacións populares deste blog

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.