Converxencia 21 solicita un mellor mantemento das máquinas de ximnasia e outros elementos do paseo fluvial.


O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a mellora do mantemento nas máquinas de ximnasia biosaludables do paseo fluvial, así como outros elementos como a rede de voleibol e algún columpio do paseo fluvial. Dito mobiliario urbano atopase oxidado e no caso das máquinas de exercicio para persoas maiores carentes de pezas ou fora de funcionamento.

Para C21 a cultura do mantemento debe prevalecer sobre a política de inauguracións faraónicas, por iso ven acordando co goberno que se aborden as licitacións de parques e xardíns e que se aborde un contrato de mantemento para os parques infantís. Do mesmo modo, C21 iniciará, como no mandato pasado unha rolda de inspección polos parques da parroquias para comprobar o seu estado.   

 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.