Converxencia 21 nace dunpai e desemboca nun fillo que son a mesma persoa, Carlos Vázquez Padín. Era casi un neno cando este ex edil do Bloque Nacionalista Galego atopa a súa propia idiosincrasia política nos páramos do liberalismo e funda en 2009 este proxecto.
Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do MIR o 4 de maio de 2009, e o 2 de Outubro de 2010 celebróuse o I Congreso da formación sendo reelixido Carlos Vázquez Padín como Secretario Xeral. No II Congreso elexiuse unha nova executiva. O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de C21 en Santiago de Compostela e no outono o III Congreso Nacional sendo elixido Secretario o lucense Garcilaso de la Vega e Presidente Carlos Vázquez Padín.
Actualmente o Secretario Xeral e Xaime Requeixo.
HISTORIA DO PARTIDO EN TUI
A creación e expansión de Converxencia 21 en Tui ten connotacións épicas. Carlos Vázquez Padín, tudense, fillo de unha extraordinaria mestra e dun funcionario honrado a carta cabal retornou a Tui do seu periplo de aprendizaxe polo mundo ala hacia 2010 ca idea de implantar aquí o seu proxecto. Como Platón que exportou a Siracusa a súa "República", Padín propúsoxe convertir a Tui nunha cidade do século XXI, o máis ben XXII. Como exclamaba con retranca o Alcalde do PP, o Sr. Antonio Feliciano Álvarez Rocha, "para cando entrará este XXI no Concello, para o século XXII".
Moitos subvestimaban a este xoven atípico de gravata amarela, aspecto de persoeiro decimonónico, con certo aire bisoño e por enriba con demasiadas dotes intelectuais para o estandar político da época. Pero este Gary Cooper estaba disposto a interpretar o mellor papel da súa vida, o de Howard Roark, do film O Manantial.
Pero quen mellor que o propio fundador para contar a nosa historia que en realidade e a súa historia.
"O 4 de maio de 2009 o Ministerio do Interior inscribiu a Converxencia
21 como partido político, desde o verán do 2008, un pequeno grupo de
persoas de toda Galicia estábamos inmersos no traballo previo á
fundación do partido; búsqueda de apoios, a redacción dos estatutos,
todos os trámites necesarios para dar de alta o partido, visita á
notaría, etc
Eu tiña en mente desde o momento fundacional que me presentaría ás
municipais do 2011 en Tui, sendo plenamente consciente de que era un
perfecto descoñecido despois de ter pasado moitos anos fóra, era sabedor
de que para obter representación cun partido sen tradición e sendo un
descoñecido precisaba traballar con un par de anos de antecedencia.
Aproveitei o verán do 2010 para percorrer cada parroquia aproveitando
as festas parroquiais, tiña algúns apoios en Tui, moi poucos, pero
algúns había, sen embargo ningún disposto a acompañarme a repartir o
folleto ás parroquias, como ir só non era o ideal a efeitos de
presentación, logrei que me acompañaran membros do partido, procedentes
para a ocasión, doutros lugares de Galicia, compre recoñecer que ao
éxito relativo de C21 en Tui, contribuiron de forma digna de mención, o
apoio da pequena, pero moi profesional estrutura, que C21 logrou
establecer en toda Galicia. Tamén contribuiron, sen dúbida, todas as persoas que integraron as
listas nas diversas candidaturas; evidentemente non todos no mesmo grao,
pero sería un labor imposible porse aqui a clasificar a achega de cada
un deles, en calquera caso, estoulle agradecido a todos eles.
No verán do 2010 na Festa da Virxe do Camiño, en Rebordáns, presentándome ante os viciños. Nas eleccións do 2011 obtivemos unha acta de concelleiro que ocupei
eu, o PP obtivo maioría absoluta, con Moises Rodríguez Pérez como
alcalde, foi un mandato moi anodino no que o propio alcalde non tratou
de revalidar o seu cargo no 2015, coido que fixen un papel digno pero
non especialmente destacado na oposición, onde o partido de Miguel Ángel
Capón, o PSOE e o BNG tiñan mais presenza que C21 e sobre todo, mais
redes á hora de obter información. Noite da pegada de carteis nas eleccións do 2011Chegaron as eleccións do 2015, e o escenario abriuse enormemente, o
PP gañou as eleccións pero con só 4 concelleiros, o PSOE foi segundo con
3 e C21, terceira forza con 2 concelleiros e 1.195 votos. E a partir
dai C21 comezou a prestarlle un servizo impagable a Tui, eu
comprometinme a non pactar cos veteranos da dereita, informando sempre
na campaña, que nós como partido liberal poderiamos pactar co centro
esquerda o co centro dereita, pero a estes últimos pedíndolles un
proceso de renovación. Eu puiden xa ser alcalde no 2015, pero fomos leais ao noso compromiso
cos cidadáns, no sentido de actuar como factor que forzase á dereita a
renovarse, os dous concelleiros de C21 votamos na sesión de investidura a
Enrique Cabaleiro como alcalde. O mandato de maioría absoluta do PP
entre 2011 e 2015, salvo polo bo papel dun par de concelleiros, deixou o
listón moi baixo e iso explica moitas das cousas que aconteceron
despois, un desempeño moi xustiño do goberno Cabaleiro 2015-2017, no que
non fixeron case nada, pareceu unha maravilla por vir de onde viñamos e
pola pasmosa capacidade propagandística da esquerda. O resultado do 2015 e a posibilidade da alternancia no goberno que se
produciu, non tería sido posible sen a presenza de C21, que
descapitalizou eleitoralmente ao centro-dereita e usou ese apoio para
forzar a sua renovación, primeiro enviandoos ao banquillo no 2015 e xa
no 2017 forzando a sua demisión para poder pactar unha coalición de
goberno. C21 foi o factor de dinamización da política tudense que acabou
definitivamente coa vella garda, primeiro pondo a Cabaleiro de alcalde,
no 2015 e no 2017 forzando aos cabezas de lista das candidaturas da
dereita, a dimitir, sen C21 nada disto tería pasado e non se debería
esquecer que algunha desas decisións, especialmente a da renuncia á
alcaldía no 2015 foi lesiva para os intereses do noso partido, pero
fixemos algo infrecuente en política, cumprir as promesas electorais,
asumindo a renuncia á alcaldia naquel momento, sendo perfectamente
conscientes de que, ao entregarlle a alcaldía ao PSOE, estábamos
alimentando a un rival moi forte, como así se demostrou despois. Sempre puxemos os intereses de Tui, ou cando menos o que nós criamos
que era o mellor interese de Tui, por riba dos nosos intereses
partidarios, ninguén nolo agradeceu nen naquel momento nen despois, pero
como sempre, a nosa conciencia seguiu estando transparente e tranquila. Ao longo do 2016 fomos observando a forte inoperancia do goberno de
catro partidos encabezado polo PSOE, debido a falta de ideas e a
disensións internas graves, conflitos que tiveron a capacidade de
ocultar á opinión pública, ademais vimos algúns tics de autoritarismo no
Señor Cabaleiro e especialmente na sua número 2, a Señora Rodríguez, un
auténtico caos na xestión dos departamentos do Señor Alonso e algúns
indícios, todavía tímidos, de políticas clientelares, polo que pensamos
que tiñamos que activar un cambio de goberno, sempre coa condición
inexcusable dunha forte “operación renove” na dereita. Foron moitos os beneficios da nosa iniciativa, o ano 2017 foi o mais
produtivo con moita diferenza do goberno tetrapartido encabezado polo
PSOE, e iso tamén foi mérito de C21, a nosa transparencia, dicindo xa en
xaneiro dese ano, que estabamos dispostos a facer unha moción de
censura, fixo arrancar ao goberno, que pensando que lle podía quedar
pouco aproveitou ao máximo eses dez meses, saindo parcialmente do
bloqueo interno no que estaban até entón e comezando a facerse fotos os
oito xuntos; pura publicidade que ocultaba fortísimas disensións entre o
BNG e Miguel Ángel Capón por un lado, e o PSOE e o concelleiro de En
Marea, por outro, esa fachada propagandística, tratando de dar a
entender que estaban moi unidos, continuou despois na oposición, durante
o meu periodo na alcaldía, un erro táctico grave da extrema esquerda,
porque iso reforzou a figura do lider do PSOE en detrimento dos partidos
subalternos, BNG e En Marea.
Eduardo
Freiría, o meu compañeiro de grupo municipal entre 2015 e 2019 atende a
unha xornalista portuguesa na cabalgata de reis. En vinte meses escasos de goberno, liderado claramente por C21, trás a
moción da censura, fixose máis, en moitos aspectos, que nos anteriores
vinte anos, executamos a obra mais relevante das últimas décadas, como
foi a apertura da Rúa Ourense,
logramos o maior fito en promoción turística da historia do Concello de
Tui, coa entrada na Rede de Xudarias de España, enfrentámonos cunha
situación terrible do departamento de urbanismo, despois de décadas de
complicidade e silencios intolerables, logramos promover o concurso de
ideas para a reordenación da frente fluvial do río Miño ao seu paso pola
cidade de Tui, sen dúbida a acción mais potente en décadas, para
repensar a cidade.E podemos continuar; sentamos os pilares dunha organización moito
mais eficiente, coa contratación da Relación de Postos de Traballo, a
Auditoria Enerxética, o Plan de Emerxencias Municipal, unha nova
cartografía, baixamos impostos, impedimos a entrada de Tui na Área Metropolitana de Vigo
e un longo etcétera, e todo isto no medio dunha xestión creo que
exemplar da terrible catástrofe de Paramos, a maior á que se enfrentou
Tui na época contemporanea. Sí, xa sei o que estaredes pensando, que nos cremos que somos uns
fenómenos pero a realidade é que a xente non nos votou, non é obxecto
deste artigo analisar porque nos votou moita menos xente da que eu creo
que mereciamos, senón describir o grande servizo que C21 lle prestou a
Tui nestes anos. Non sei se moitos tudenses compartirán esta opinión,
pero eu coido que é un privilexio para Tui ter un partido como C21,
practicamente en ningunha localidade galega, diría que española, existe
algo similar a C21 e Tui notouno e moito. Despois do horrendo resultado de maio, con tan só 929 votos, pasando
de ser a terceira á quinta forza máis votada, e xunto coa número dous da
candidatura, Mila González, asumimos a responsabilidade do rexeitamento
popular e fómonos para a nosa casa, deixando a José Manuel Palacín como
o noso representante no Concello, o Señor Palacín é un político de
fonda raigame liberal e gran categoría humana e política, que non
desmerecería no Parlamento galego ou no Congreso dos deputados e estou
convencido de que o vai demostrar ao longo destes catro anos.
José Manuel Palacín nun mitin da campaña do 2019. O meu tempo político en Tui acabou, pero seguimos sendo necesarios,
José Manuel e outras persoas van seguir traballando, en democracia a
continuidade dos proxectos depende do apoio que receban, Tui
trabucariase se non fose consciente da maravillosa ferramenta de futuro,
que ten en C21, á sua disposición.
O noso concelleiro, José Palacín, ven de manifestar a nosa intención de continuar co programa #tuiseguro durante catro anos máis. Os centristas consideramos fundamental manter o ritmo da introdución de rexistros ao Goberno Local en pos da mellora da accesibilidade e de tratar de evitar accidentes debido a posibles situacións de degradación ou falta de seguridade das contornas urbana e rural. Esta decisión foi comunicada por José Palacín ao Sr. Alcalde, Enrique Cabaleiro, no marco das reunións previas ao pleno organizativo. Neste aspecto, o concelleiro acaba de introducir un rexistro para que se recorte a dimensión do saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense. Palacín pide un recorte aproximado de 70 cms porque pode producirse un accidente ao xirar os autobuses nesa dirección e sobre todo na contraria. Isto é así por falta de espazo e xeración de ángulos mortos. Prensa Radio Municipal de Tui. 2023/07/05
Por parte de C21 lamentamos a actividade vandálica levada a cabo a pasada noite na rúa de San Telmo. Entristécenos que un ou varios suxeitos incívicos realizasen pintadas nas fachadas de varios inmobles e ademais presuntamente tratando de apropiarse de simboloxía relixiosa hebrea. "É por tanto, un grave atentado cara a propiedade privada e pública amais de para o patrimonio histórico e a fe hebraica", Explican o voceiro centrista, José Palacín, e o exconcelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría. Por este feito, consideramos que as autoridades competentes han de iniciar unha investigación e o Concello debe actuar con premura na limpeza con medios non agresivos e así devolver ao seu estado orixinal esta rúa no corazón da cidade histórica. Do mesmo xeito, este tipo de actuacións, que por unha banda evidencia a falta de civismo dun sector minoritario da poboación, tamén pon en evidencia a falta de seguridade desde que a Policía Local carece de servizo de vixilancia nocturna,
O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación da Fonte de Riomuiños para reverter a actual situación de degradación na que se atopa. A fonte do século XVIII, no barrio vinculado ao pasado sefardí, atópase nun estado de abandono e desleixo que se fai patente polas accións vandálicas, como a realización de pintadas en tres das súas caras ou presenza de restos de adhesivo. A situación agrávase tamén ao presentar perda de morteiro nalgunhas xuntas, presenza de morteiro de cemento que resulta quimicamente agresivo, ou escamación e disgregación da capa superficial dalgúns sillares. É por isto que xa se lle solicitou ao Sr. Laureano Alonso que se poña a traballar de inmediato na súa recuperación ca elaboración previa dun proxecto da man de Patrimonio que permita unha limpeza non agresiva, a aplicación de morteiros onde falta, a substitución dos morteiros de cemento gris por morteiro de cal e consolidación das capas de pedra disgregada. Dest