Publicacións

C21 solicita que se tramite a recolocación da tapa dunha caixa telefónica na Rúa Concordia e reclama coordinación entre concellerías para atender estas cuestións.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se proceda a tramitación para que se recoloque a tapa dunha caixa de conexións de teléfono que está sita na Rúa Concordia, a altura do Nº 55. Este poste destapado ofrece unha pésima imaxe, ao marxe de que calquera pode manipular o interior e avariar o entramado de pares. C21 leva tres anos traballando na súa campaña #tuiseguro e reclama maior coordinación entre as concellerías de Seguridade, Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio e Vías e Obras para subsanar as deficiencias que se presentan neste ámbito das infraestruturas e plantexarán nos próximos meses protocolos de actuación máis eficientes e mellor coordinados.    Prensa.    Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 26/09/2022.

C21 vota a favor da Axenda Urbana pero con reticencias a algúns proxectos do Goberno Local

Imaxe
No pleno extraordinario de comezos de setembro a Corporación tudense sometía a aprobación a Axenda Urbana, un documento sobre o que, supostamente, se vertebrará o futuro urbanístico, e incluso económico, da cidade e de toda a contorna. Converxencia 21 votamos a favor deste documento, o máis ben como explica José Palacín”: “Da esencia do mesmo e do que implica a nivel de planificación e de posible financiamento para Tui”. Sen embargo, o noso concelleiro matizou no Pleno que se inclúen proxectos que os centristas de Tui non consideramos suficientemente reflexionados como determinadas peonalizacións, léase a da Rúa Augusto González Besada, posto que: “Todas estas peonalizacións carecen de estudo de impacto para o comercio, a hostalería e o turismo, e existen obras previas sen rematar como a apertura da Rúa Ourense pola cara norte, o que sumado a estas novas restricións da circulación de vehículos, poderían agravar o problema do tráfico existente, e xerado polo Partido Socialista”. Do mesm

C21 solicita a limpeza das rúas céntricas de Tui.

Imaxe
O noso concelleiro, Jose Palacín, acaba de rexistrar unha petición para que o Goberno Local limpe as rúas de Tui, especialmente Rosa Bahamonde, Foxo e Augusto González Besada que presentan un aspecto deplorable de sucidade con excrementos e mexo caninos e de pombas, restos de vómitos, chicles pegados e todo tipo porquería. Os liberais plantexamos que: “Entendemos que existan restricións de auga neste verán especialmente pobre a nivel hídrico, pero a falta de hixiene de Tui é un asunto endémico do Goberno do Partido Socialista, e se está a converter nun problema de saúde pública nunha cidade histórica e turística e que ademais prexudica gravemente ao comercio da zona”. C21 seguiremos insistindo nesta cuestión e en que se limpen os sumidorios porque si veñen as choivas, Tui terá problemas de inundacións. Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do Xoves día 1 de Setembro de 2022.    

C21 pide o arranxo dun tramo de baldosas na beirarrúa da Rúa Concordia.

Imaxe
  Dentro da nosa campaña #tuiseguro, os liberais de Tui ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación das baldosas que lindan ca entrada duns garaxes na Rúa Concordia. Ditas pezas están levantadas, quebradas e soltas supoñendo un perigo para os transeúntes ao tempo que a beirarrúa vai deteriorándose máis e máis a medida que entran e saen os vehículos dos garaxes interiores. O noso concelleiro, José Palacín, considera que: “A Concordia, sendo una das arterias principais de Tui, é tamén unha das grandes marxinadas polos investimentos públicos”, e solicitan unha reforma pero – matizan - “Sen que esta afecte a súa idiosincrasia de porta de Tui nin a súa capacidade de aparcamento”.

C21 solicita que se revisen os pilares do pavillón do CEIP de Guillerei e que se solvente o problema de humidades e outras melloras para este centro.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, dentro da campaña liberal #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro unha petición para que se revisen os pilares da parte frontal do pavillón do CEIP de Guillarei que se atopan afectados por unha corrosión aparentemente debida as humidades que se filtran dende o parque contiguo. Esta enfermidade do formigón comezou a manifestarse de forma severa a raíz das obras do parque infantil e podería darse debido a filtracións de auga porque a parede do pavillón linda ca parcela axardinada e en parte queda soterrado pola mesma. Os liberais pedimos unha diagnose da situación dos pilares e a reparación do problema que non parece moi difícil debido a que o rego de recollida de augas da parcela contigua aparenta non cumprir ca súa función debidamente. Do mesmo modo, José Palacín, aínda consciente de que son parcelas de entidades diferentes, pide un acceso en mellores condicións dende o colexio ao parque contiguo posto que a rampa actual non cumpre os requisitos míni

C21 solicita que se limpen as beirarrúas e marxes na N – 550 por Guillarei.

Imaxe
  Os centristas liberais continuamos traballando por tódalas parroquias da demarcación de Tui co obxecto de que o Goberno Local limpe as marxes das estradas e vías. Nesta ocasión, o noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro que se tramite a limpeza das beirarrúas en todo o percorrido da estrada N 550, sobre todo no tramo que vai dende a gasolineira a rotonda de acceso a autovía. Para C21 manter limpos os marxes non é so unha cuestión de practicidade no tránsito ou de imaxe das contornas, senón a mellor das medidas contra a prevención de incendios.    Prensa Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 18 de Xullo de 2022. Telemariñas.    

C21 solicita ao Goberno un paso de cebra con badén na Rúa Augusto González Besada.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se artelle un baden no paso de cebra da Rúa Augusto González Besada, a saída da Praza da Inmaculada. O cambio de altura que se dá ao entrar na rúa dende a beirarrúa supón un problema para as persoas con deficiencias de mobilidade e varios transeúntes levan tropezado nese lugar. C21 é coñecedor de que o Goberno socialista ten proxectado a humanización desta rúa pero os liberais non compartimos nin aceptamos dito proxecto en tanto en canto non se arranxe o problema do aparcamento, se aperture a rúa Ourense e se realice un estudo de impacto de dita humanización sobre o comercio, a hostalería, o tráfico e sobre a vida das persoas.