Publicacións

Converxencia 21 considera que as luminarias da rúa Concordia atópanse nun estado lamentable.

Imaxe
  C21 acaba de introducir por rexistro de entrada unha petición para que se revisen as luminarias da rúa Concordia. O voceiro do noso partido considera que están nun estado lamentable, sobre todo as cabezas, con carcasas torcidas ou directamente decapitadas, moitas con cristais rotos, iso incluíndo unha absoluta ausencia de limpeza deste ben público. Fai dous anos, a través de varios rexistros, notas de prensa e de observacións en repetidos plenos, os liberais fixemos ver ao Goberno Local o mal estado das luminarias das rúas Corredoira, Augusto González Besada e Rosa Bahamonde, ata que realizouse unha intervención. Agora José Palacín pide unha solución para a Concordia: “Posto que falamos da entrada da cidade e a imaxe desta vía a día de hoxe resulta deplorable”.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Imaxe
  O noso concelleiro, que continua co programa de C21 #tuiseguro, acaba de solicitar que se estude por parte das concellerías de Obras e de Patrimonio a retirada e conversión en solo firme de pedra do espazo que ocupa actualmente un xardineira que debería albergar unha árbore, pero que non existe na praza do barrio de San Bartolomé. Os liberais alegamos por unha banda que ter ese espazo destrozado e valeiro afea a contorna e que ademais o Concello debería estudar a eliminación da estrutura posto que a procesión do santo pasa xusto por ese lugar resultando un perigo e dende logo entorpecendo o tránsito. A tal efecto, José Palacín pide que: “Se estude con Patrimonio a retirada porque si algún transeúnte e sobre todo, algún portador de imaxes da procesión tropeza neste lugar pode producirse unha desgraza”.  

C21 solicita o arranxo do paso de peóns da Rúa Foxo debido aos múltiples tropezóns dos transeíuntes.

Imaxe
  O noso concelleiro, ven de solicitar ao Goberno Local e por rexistro de entrada o arranxo do enlosusado do paso de peóns que se localiza na Rúa Foxo debido a que son varios os transeúntes que levan tropezado nese lugar, chegando incluso a producirse lesións de consideración.    Prensa.   Radio Municipal de Tui. Noticias 17/07/2023   Telemariñas

C21 solicita que se recorte o saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense dentro da renovación do seu Plan #Tuiseguro.

Imaxe
  O noso concelleiro, José Palacín, ven de manifestar a nosa intención de continuar co programa #tuiseguro durante catro anos máis. Os centristas consideramos fundamental manter o ritmo da introdución de rexistros ao Goberno Local en pos da mellora da accesibilidade e de tratar de evitar accidentes debido a posibles situacións de degradación ou falta de seguridade das contornas urbana e rural. Esta decisión foi comunicada por José Palacín ao Sr. Alcalde, Enrique Cabaleiro, no marco das reunións previas ao pleno organizativo. Neste aspecto, o concelleiro acaba de introducir un rexistro para que se recorte a dimensión do saínte da beirarrúa na intersección da Rúa Maristas con Rúa Ourense. Palacín pide un recorte aproximado de 70 cms porque pode producirse un accidente ao xirar os autobuses nesa dirección e sobre todo na contraria. Isto é así por falta de espazo e xeración de ángulos mortos. Prensa Radio Municipal de Tui. 2023/07/05

C21 inicia o mandato solicitando o regreso do Mercado do Xoves cara ao centro de Tui.

Imaxe
  O noso recente electo concelleiro, José Palacín, iniciará o mandato intentando sacar adiante unha medida que considera vital para a dinamización de Tui, o regreso do Mercadillo do Xoves cara ao centro, establecéndose principalmente no Paseo da Corredoira e Augusto González Besada. Palacín entende que: “Estamos ante un novo escenario de maiorías, pero sobre todo, creemos que é unha medida que pode beneficiar a mercaderes, a usuarios e tamén ao propio comercio local, interactuando todos para dinamizarse, ademais que suporía a recuperación dunha tradición”. A tal efecto, os liberais presentaremos unha moción no primeiro pleno efectivo deste mandato, lembrando que este asunto foi “un dos nosos grandes cabalos de batalla durante o mandato anterior” e anuncian una etapa de iniciativas e vontade construtiva.  C21 está aberto a consensuar a entrada de outros grupos na moción.    Prensa.  Radio Municipal de Tui. 03/06/2023 Infomiño

Valoración dos resultados electorais en Tui.

Imaxe
O Comité Executivo Local de C21 vimos de valorar os resultados electorais obtidos este pasado domingo en Tui como discretos. O noso partido obtivo 603 votos, o 6,39% do apoio popular e un representante no consistorio, José Palacín, que manterá a súa acta. Isto permitiranos catro anos máis de percorrido e de servizo público. Por suposto, partimos do agradecemento a esas persoas que confiaron en nós, ca firme promesa de non defraudar e de seguir traballando como ata agora. Tamén lamentamos non haber acadado a presidencia da Entidade Menor de Pazos de Reis por dous votos, a pesar da gran valía do equipo que se presentaba, liderado por Enrique Pérez. En todo caso. imos a aportar sentido común, equilibrio, construtividade e absoluta lealdade, pero tamén seremos fiscalizadores e críticos cando proceda. Unha vez felicitado ao PSOE, gañador dos comicios, e as demáis forzas que forman a Corporación (PP e BNG), facemos un chamamento oa entendemento entre as partes implicadas na gobernabilidade d...

C21 presenta a súa candidatura

Imaxe
A Xunta Electoral de Zona fixo públicas as listas cara as Eleccións Municipais, e témolo pracer de presentar ao excelente grupo humano que forma a nosa candidatura en Tui. Os liberáis presentamos un proxecto sólido, formado por persoas de múltiples experiencias vitáis e profesionáis que queremos abrir camiños aos tudenses. Tamén queremos agradecer o dispor das 6 persoas que ofrecéronse a vir con nos, pero que por razóns de limitacións legáis no número de compoñentes das listas, finalmente non se ven reflectidas na listaxe, pero que si están presentes no noso corazón. 1 José Manuel Palacín Rodríguez 2 Eduardo Freiría Martínez 3 María Jesús Guinde Martínez 4 Elia Gónzález Rodríguez 5 Ricardo Rodríguez Hernández 6 José Álvarez Núñez 7 Evaristo Saa Pumar 8 Lisardo Antonio Jiménez Jiménez 9 Mónica Romero González 10 Sonia Santos Ferreira 11 José Rafael Martínez Sigüenza 12 María Cruz Caballero Rodríguez 13 Manuel Tomás Vázquez Abad 14 María Aurea Fernández Fernández 15 María Jesús Da Silva...