Publicacións

Converxencia 21 considera que "efectivamente" o aparcamento está a converterse nun pelotazo financieiro e solicitoulle ao Alcalde someterse a unha cuestión de confianza. .

Imaxe
  Na campaña das Eleccións Municipais do ano 2019 circulaba polas redes un vídeo no cal se observaba ao futuro Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresar que o aparcamento soterrado do Área Panorámica que plantexaba o Goberno de Carlos Vázquez Padín era un “pelotazo financeiro”, referíndose supostamente aos beneficios da empresa co executase e explotase. Meses despois, o Goberno do PSOE – EN MAREA acababa aprobando un parking construtivamente semellante ao anteriormente deseñado ante o clamor social e a petición de reflexión por parte do conxunto da oposición. O noso voceiro, José Palacín, explica que no pleno de habilitación de crédito do aparcamento, advertiu sobre o feito de que o Concello tivera que facerse cargo da reposición de servizos e construción de beirarrúas e sobre a cantidade asignada, pouco máis de 400.000. Onte, en Pleno Extraordinario, despois de tres anos, o goberno socialista plantexou aos demais grupos corporativos a rescisión do contrato, por incapa...

Converxencia 21 solicita maior limpeza e papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19 a partires de debaixo do baluarte da Alameda e preguntará no próximo Pleno pola subvención que debería recibir o Concello para a habilitación da Praia de Areeiros

Imaxe
  Os liberais de Tui vimos de solicitar por rexistro que se limpen e se poñan papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19, debaixo do baluarte da Alameda. O noso voceiro, José Palacín, afirma que estas zonas están moi frecuentadas por camiñantes e que tamén soen ser espazos privilexiados para o paseo canino e as sendas non están o suficientemente coidadas nin provistas de papeleiras para depositar as deposicións das mascotas. Do mesmo modo, preguntaremos no próximo pleno pola subvención que supostamente ten que recibir o Concello para habilitar a praia de Areeiros e lembra que existen elementos perigoso na contorna como parte do molle e que necesitan ser reparados ou como mínimo retirados antes do próximo inverno.  

Converxencia 21 solicita a urxente reunión da Xunta de Voceiros para que o Alcalde de Tui explique a natureza xurídica e técnica do levantamento do firme en Antero Rubín e reclama novamente a reposición do empedrado orixinal

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, acaba de remitir un rexistro de entrada á Alcaldía con obxecto de que reúna a Xunta de Voceiros da Corporación para explicarlles a natureza xurídica e técnica do levantamento do tramo en Antero Rubín que corresponde xusto ao que os liberais expresaron que se debería conservar en pedra cando o Goberno Socialista decidiu abordar a súa substitución por unha argamasa de cemento, fai agora pouco máis dun ano. Palacín, apelando a lealdade institucional, quere darlle ao executivo a oportunidade de explicarse e por iso pide esta reunión, e si non se realiza, tentará procurar o apoio dos demais grupos para que se convoque un Pleno Extraordinario. Lembremos que fai pouco máis dun ano leváronse a cabo as obras de remodelación das Rúas Antero Rubín e Coengo Valiño. Unha obra que C21 solicitara en numerosas ocasións co obxecto de sanear ditas vías e outorgarlles unha categoría digna do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Sen embargo, unh...

Converxencia 21 solicita un informe dos “custes efectivos” nos servizos recen asumidos e das “achegas” realizadas con cargo a Remanente polo Goberno do Concello de Tui

Imaxe
  Entrevista na SER :  https://cadenaser.com/audio/1712061529496/ No Pleno o Goberno Local traía a recoñecemento un crédito extraxudicial e José Palacín, tras criticar “contundentemente” o modelo de xestión dos Socialistas de Tui, abstívose a cambio de que se elabore este informe e de licitar certos servizos. Os liberais tamén votaron en contra da subida do IBI. O concelleiro noso nunha longa e minuciosa intervención analizou de forma moi crítica o expediente de Recoñecemento de Crédito presentado polo Goberno Local neste último Pleno Ordinario e que a xuízo do voceiro “presenta graves eivas posto que se carece de crédito, o expediente afecta a estabilidade orzamentaria e por enriba, dende o punto de vista procedimental resulta preocupante, sobre todo no que se refire ao escaso axuste de moitas desas facturas a Lei de Contratación do Sector Público”, tal como sinala o informe do Departamento de Intervención. Ante o voto negativo cara a este expediente por parte do Partido ...