C21 solicita máis actividades culturais e lúdicas para os nenos e que Tui se converta en Cidade Amiga da Infancia.

 

Os liberais de Converxencia 21 solicitaremos no próximo Pleno que Tui se adhira ao Foro de Cidades Amigas da Infancia, un proxecto auspiciado por UNICEF e que busca a participación infantil e adolescente como un proceso no que os nenos e adolescentes exerciten ese dereito a participación interactuando con outras persoas do seu entorno e tratando temas que afectan a súas condicións de vida individuais e colectivas, mais tendo en conta que este é un propósito da Axenda Urbana aprobado en Sesión Plenaria co apoio de C21.

Do mesmo modo, o concelleiro da nosa formación, José Palacín, reclama máis actividades lúdicas e culturais para os menores, por iso pensa que habería que promocionar a pintura e escultura, a danza, a música, o cine ou o teatro, así como potenciar circuítos como "Caverna do Terror", “Maxia na Rúa”, ou incluír en algúns festivais consolidados programación específica infantil e para adolescentes. Do mesmo modo, C21 somos partidarios de implantar eventos como o que estando no Goberno propuxeron, o Pacto de Tui, con especial fincapé en que os máis cativos coñezan e desfruten a nosa historia, incluso en combinación cas entidades educativas e entes colaboradores privados.

 

Prensa. 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 8 de outubro de 2022. 

Telemariñas 

Infomiño 

 

 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.