C21 solicita varios arranxos do pavimento polo centro de Tui.


O noso concelleiro, José Palacín, dentro do Plan #tuiseguro, ven de solicitar por rexistro de entrada e nas áreas de Vías e Obras e de Parques e xardíns, algúns pequenos arranxos como poden ser: repoñer a ausencia de pezas de pedra na zona que percorre a intersección entre as rúas Maristas e Betanzos, do mesmo modo, a reparación dun socavón debido ao afundimento dunha arqueta na Travesía de Santo Domingo, ou o derrumbe da balaustrada preto dos Xardíns de Troncoso, isto último por causa dos temporais destes últimos días.

Da mesma forma, lembra co Goberno ten sen executar o arranxo de baldosíns na Avda. de Portugal, posto que estes atópanse totalmente levantados e iso que esta intervención pediuse fai meses por parte dos liberais.

C21 tomou a decisión de continuar co Plan #tuiseguro ata o final do mandato e pide máxima receptividade por parte do Goberno.
 
Prensa
 
 
Radio Municipal de  Tui. Noticias 13,30 do día 31 de Outubro de 2022.
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.