C21 rexeita as accións vandálicas no centro histórico.
Por parte de C21 lamentamos a actividade vandálica levada a cabo a pasada noite na rúa de San Telmo.
Entristécenos que un ou varios suxeitos incívicos realizasen pintadas nas fachadas de varios inmobles e ademais presuntamente tratando de apropiarse de simboloxía relixiosa hebrea.
"É por tanto, un grave atentado cara a propiedade privada e pública amais de para o patrimonio histórico e a fe hebraica", Explican o voceiro centrista, José Palacín, e o exconcelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría.
Por este feito, consideramos que as autoridades competentes han de iniciar unha investigación e o Concello debe actuar con premura na limpeza con medios non agresivos e así devolver ao seu estado orixinal esta rúa no corazón da cidade histórica. Do mesmo xeito, este tipo de actuacións, que por unha banda evidencia a falta de civismo dun sector minoritario da poboación, tamén pon en evidencia a falta de seguridade desde que a Policía Local carece de servizo de vixilancia nocturna, cuestión que Converxencia ven reclamando.
Por último, C21 solicita o cambio da placa da Casa dos Nenos da Doutrina.